A Asociación Galega de Editores tivo presenza en LíberEste serán presentouse en Líber 2009 (evento no que tamén tivo presenza a Asociación Galega de Editores) o proxecto ENCLAVE Editores-BNE, promovido pola Biblioteca Nacional de España e a Federación de Gremios de Editores de España e subvencionado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio no marco do Plan Avanza, dende o que queren definir e desenvolver modelos de integración de contidos suxeitos a dereitos de autor en bibliotecas dixitais constituíndose coma un centro de referencia para as bibliotecas que desexen ofrecer servizos deste tipo. Na primeira etapa do proxecto participarán 87 editoriais que poderán facer máis visible o seu catálogo, comezando pola dixitalización de 1.350 libros, que poderán consultarse, ollarse e mercarse tanto dende a Biblioteca Dixital Hispánica como a través de canles de distribución dixitais.