Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As galegas Hacce e London Clip poñen en marcha un proxecto para twittear El Quijote
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As galegas Hacce e London Clip poñen en marcha un proxecto para twittear El Quijote

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

twijote.jpgPartindo da base de que a cultura para promoverse e espallarse ten que estar onde está a comunicación, as empresas galegas Hacce Solucións (especializada en desenvolvemento web) e London Clip veñen de dar renda solta a un proxecto que é como quitarlle ferro ás clases de literatura e, de xeito simultáneo, amosar que a Internet participativa xa se fixo maior. Máis polo miúdo e para que se entenda, trátase de facer fronte común nas redes sociais co obxectivo de publicar El Quijote (obra clásica libre dos dereitos de autor e polo tanto dispoñible para este tipo de experimentos) ao completo.
A iniciativa, chamada Twijote, ten moito do simbólica. De feito, non é casual que se tire partido da dita obra de Cervantes: amais da accesibilidade que achega o feito de que estea ceibe de dereitos, non hai dúbida de que twittear El Quijote amosa que nas redes sociais non está só os lectores de Que me dices.
Segundo se conta en Telecinco.es, en dous días de andaina (dende o venres pasado ata o luns), a proposta xa acadou 200 tweets, precisándose só 8.000 para que a primeira parte do devandito libro poida estar dispoñible en Twitter.
O obxectivo deste proxecto, como dixemos, non é outro que o de vincular a cultura ás redes sociais, afianzando novos vieiros para as expresións creativas de todo tipo e contribuíndo a quitarlle de enriba á Rede 2.0 esa imaxe de lixeireza e de cousa aditiva sen fondo que moitos queren darlle. A iniciativa, por certo, comparte o espírito da nova Rede: é colectiva e fica accesible a todas e todos. Ou sexa, que calquera pode participar. O único requirimento que se pide é visitar a web www.twijote.com e ler o parágrafo que nos corresponde e, a continuación, premer en enviar. O xermolo do proxecto foi, tamén, un pouco 2.0: xurdiu dunha conversa entre compañeiros acerca das vantaxes do servizo de microbloggin, que achega a posibilidade de twittear unha frase de 140 letras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?