Mañá é finalmente o día: unha data importante na que o tecido TIC galego recoñece o mellor dun ano. A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías (EGANET) dá a coñecer este mércores aos gañadores da sexta convocatoria dos seus galardóns. A entrega de premios celebrarase no Auditorio de Galicia de Santiago, a partir das 19.30 horas, e contará coa presenza do xornalista Fran Hermida como presentador da gala.
Segundo informa a asociación, un total de 36 candidaturas compiten polos galardóns nas nove categorías. Por certo que na modalidade Premio Especial de EGANET (do que damos conta nesta mesma web) xa se deu a coñecer a iniciativa galardoada, concretamente a Plataforma Tecnolóxica Vindeira, unha vella coñecida de Código Cero.
Os proxectos finalistas nas nove categorías desta VI edición dos premios, elixidos de entre máis de 200 candidaturas, son os que de seguido se sinalan:
Premio PUBLICIDADE ONLINE:
LA NUESTRA COMUNICACIÓN PUBLICITARIA, pola nova edición da campaña Movemento contra a Lei de Murphy.
ELOGIA MEDIA, pola campaña de publicidade online para a Oleada Bora Bora.
GALINUS TALLER DE NOVOS MEDIOS, pola campaña de promoción 100×100 Mar de Lira.
INGENIO INTERACTIVA, pola campaña Estrella Galicia Especial Light.
Premio APLICACIÓN ON-LINE:
IR INDO, polo dicionario en liña Digalego.
CONSELLO DA CULTURA GALEGA, polo Mapa de Equipamentos Culturais.
INTERACCIÓN, pola aplicación Interpromo .
LOROESTUDIO, pola plataforma de “mobile marketing” Mobiguías.
Premio E-COMERCE:
E-PULSE, pola tenda electrónica e blog Bricogeek.com.
MULE SYSTEM, por Alacenagalega.com.
BUENAS IDEAS EN ACCIÓN, pola web Planetapluton.com .
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE, CENTRO COMERCIAL ABERTO, polo programa de puntos FideliMelide.
Premio SOFTWARE LIBRE:
FEDERACIÓN EFA GALICIA, polo proxecto Ainfogra, Software Libre e Eido Rural.
INFONOVA INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS, pola ferramenta SIX- Souto
SECRETARÍA XERAL DE EMIGRACIÓN, polo portal Galiciaaberta.com.
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, pola Oficina de Software Libre da USC.
Premio COMUNICACIÓN WEB:
FAUSTO DESEÑO ASOCIADOS, polo Universo de Galimatías
VISUAL PUBLINET, polo portal do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
DIMENSIONA CONSULTORÍA TECNOLÓXICA, polo portal web da Consellería do Medio Rural.
OPSOU, pola web Historiadoceltadevigo.net.
Premio CULTURA DIXITAL:
CENTRO TECNOLÓXICO AIMEN, pola aplicación EDUSOS.
CONTINENTAL PRODUCCIONES, por Evento Ligado á Extinción (ELE).
DIRECCIÓN XERAL DE SOSTIBILIDADE E PAISAXE, por Climántica, o Xogo .
Colaboración entre FACTORÍA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA (IMAXIN SOFTWARE) e CEO ABERTO, polo Multitouch Hidrátame.
Premio MELLOR AMBIENTE LABORAL:
FACTORÍA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA (IMAXIN SOFTWARE), de Santiago de Compostela.
VISUAL PUBLINET, de Vigo.
TÓRCULO, de Santiago de Compostela.
AVA SOLUCIONES TECNOLÓGICAS, de Teo.
Premio TECNOLOXÍA ACCESIBLE:
Colaboración entre Teltek video research, S.L.; Grupo de Investigación sobre lenguas signadas. Universidade de Vigo e Hacce Soluciones TIC, S.L., polo proxecto Píldoras de Coñecemento Adaptadas.
INFOJC, pola plataforma idigitalBox-Inclusion.
NEO, por Bildo, a Comunicación Universal..
Centro de Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico da Universidade da Coruña, por IN-TIC
Premio E-EMPREDEDORES:
ONTOUCH, empresa con sede en Santiago .
A NAVALLA SUÍZA, que naceu compostelá e recentemente trasladada ao concello de Ames.
TEIMAS DESENVOLVEMENTO SL, tamén con sede en Compostela.
RED SOCIAL JURÍDICA, con sede en Lugo.
EGANET entrega este mércores os seus premios
Compartir Este Artigo
