Federico Flórez, CIO de Ferrovial, e María Garaña, presidenta de Microsoft Ibérica, veñen de asinar un acordo de colaboración que vincula a ambas as dúas compañías para os vindeiros anos e polo cal o xestor privado de infraestruturas e transportes español implantará as últimas tecnoloxías de Microsoft en áreas de vital relevancia para impulsar a competitividade empresarial desta firma.
Deste xeito, da man da compañía de software máis potente do mundo, Ferrovial vai emprender un ambicioso proxecto de innovación integral das súas infraestruturas de TI, que irá dende o escritorio ata o servidor e a nube de Internet.
Pola súa parte Microsoft, coa sinatura deste convenio, toma como referencia a Ferrovial para que o resto de compañías internacionais, segundo informou, “poidan comprobar co seu exemplo a capacidade innovadora e de competitividade que va acadar a firma española, grazas á súa aposta polas tecnoloxías que marcan a vangarda na actualidade”.
Ferrovial acometerá unha importante transformación dos seus ámbitos de produtividade e escritorio, apostando polas tecnoloxías e modelos de uso máis avanzados do momento. Na área de produtividade, Ferrovial apostou polos Servizos de Produtividade Online de Microsoft, unha oferta baseada no concepto de Cloud Computing pola cal a firma de software subministra, en modo de subscrición, as súas máis avanzadas tecnoloxías de produtividade e colaboración empresarial para que os miles de profesionais cos que conta Ferrovial en case 50 países o mundo poidan comunicarse e compartir información dun xeito moi familiar e sinxelo a través de calquera dispositivo: navegador, PC ou teléfono móbil. As devanditas solucións están albergadas e mantidas en servidores de Microsoft, polo que Ferrovial non só poderá aumentar a súa produtividade exponencialmente, senón tamén, segundo indicou, “beneficiarse dos aforros de ata o 50 por cento que proporciona este modelo en nube ás organizacións”.
Ferrovial dispoñerá así dun renovado ámbito de correo electrónico Exchange en nube así como de Sharepoint Online, que lle permitirá á firma española crear unha avanzada rede social e de colaboración. Ferrovial tamén contará con tecnoloxías de Comunicacións unificadas baixo o modelo de Servizos Online de Microsoft e, unha vez dispoñible a nova suite, utilizará Microsoft Office 2010 e as súas posibilidades de utilización do software en modelo cloud a través das office web applications.
Ferrovial aposta pola tecnoloxía Cloud Computing de Microsoft
Compartir Este Artigo

