Hoxe terá lugar no Edificio de Oficinas do Consorcio da Zona Franca de Vigo, a presentación do libro Sistemas de Información; Ferramentas prácticas para a xestión, unha publicación de referencia na aplicación das TIC nas empresas para a modernización do tecido industrial que publica Ineo.
O libro que se presenta é segundo afirman “empregado como libro de referencia en máis de 50 universidades de España e Latino América nas asignaturas de Sistemas de Información, en carreiras como Empresariais ou en Enxeñarías”, sendo este, continúan, “o texto con maior difusión en ligua española nesta materia”.
O acto, que dará comezo ás 12:30 horas, contará coa presenza da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta, Mar Pereira, do presidente de Ineo, Jorge Cebreiros e dos coautores da publicación, Álvaro Gómez Vieites e Carlos Suárez Rey.
A presentación do libro vai dirixida especialmente aos directivos das empresas de todos os sectores produtivos, e os propios autores da publicación farán unha exposición dos principais contidos e da súa utilidade para as empresas.
Ineo presenta hoxe un libro para mellorar a xestión das empresas coas TIC
Compartir Este Artigo

