A Coalición de Creadores e Industrias de Contidos, que agrupa as principais entidades de xestión de dereitos de autor en España, vén de enviarlle unha carta ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, na que lle esixe, no nome de tódolos membros da entidade, que “non dea marcha atrás” no proxecto de pechar páxinas web sen necesidade de orde xudicial que inclúe a Lei de Economía Sostible.
Así o vén de anunciar Aldo Olcese, o presidente da devandita organización, que engade que no escrito traslada “o seu malestar” así como “o seu apoio para que non abandone o camoño emprendido coa lei”.
Olcese pediu que o peche de webs debe “estar dotado de garantías xudiciais abondo, pero que as medidas sexan efectivas” e recalcou que se o Goberno dá marcha atrás no proxecto – “de mínimos”, os autores aos que representan “non estaremos coa lei”.
A Comisión Interministerial para o asesoramento na loita contra a vulneración dos dereitos da propiedade intelectual terá que ofrecer as súas conclusións ao Consello de Ministros antes do vindeiro 31 de decembro.
A industria cultural esíxelle ao Goberno que siga adiante coa loita contra a pirataría
Compartir Este Artigo

