Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Spotify dá a coñecer as cancións máis escoitadas de 2009
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Spotify dá a coñecer as cancións máis escoitadas de 2009

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

black_eyed_peas.jpgAínda que tiñamos medo do peor, concretamente atopar a David Bisbal no ranking dos máis escoitados, a listaxe final de seguimentos estrela de Spotify ao longo de 2009 non é o que se di unha escolma ao uso de cancións castiga-orellas. Con todo e malia as moitas apreciacións que se poidan facer da calidade musical da escolma do ano que remata, o realmente salientable da listaxe non é a calidade, senón o feito de que haxa listaxe. Dito doutro xeito, Spotify permite o que ata hai ben pouco era impensable: escoitar música pola Rede e sen medo de que os gobernos de calquera índole ou ben as sociedades de xestión de dereitos de autor che poñan na súa listaxe negra.
Tanto é así, que en espazos como alt1040 (de onde tiramos estes datos) xa se cualifica ao servizo como a gran revolución redeira de 2009.
Spotify, que está arestora dispoñible en 6 países, é xa un dos recursos máis empregados da Internet: achega millóns de cancións ao día, gratis e co único requirimento de que lle deamos orellas á publicidade. Con todo, sinálase, malia o éxito acadado é preciso que se lle bote unha man, xa que, segundo se conta dende a industria, non achega os beneficios precisos para manterse e medrar, polo que precisaría de máis apoio da comunidade internauta.
Sexa como sexa, a listaxe do máis escoitado no devandito servizo ao longo do ano 2009 quedaría deste xeito:
1 Black Eyed Peas – “I Gotta Feeling”
2 Flo Rida – “Right Round”
3 Akon & David Guetta – “Sexy Bitch”
4 Lady Gaga – “Poker Face”
5 Beyoncé – “Halo”
6 Kings Of Leon – “Use Somebody”
7 Black Eyed Peas – “Boom Boom Pow”
8 Milow – “Ayo Technology”
9 Kelly Rowland & David Guetta – “When Love Takes Over”
10 MGMT – “Kids”

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?