Se hai algunha actitude máis surrealista (e estúpida, dito sexa de paso) que meterse cunha moto dentro dun centro comercial dar unha volta polo recinto poñendo en perigo a vida dos transeúntes e sair sen máis, iso é colgar o vídeo da fazaña en Youtube, para que todo o mundo, de paso tamén a policía, poida comprobar o grao de idiotez do individuo. Pois isto foi o que sucedeu hai dous anos nun centro comercial de Narón, onde dous veciños da zona metéronse coa súa moto no interior do recinto e grabaron a escea co teléfono móbil para logo descargar o vídeo e penduralo en Internet.
Tal e como se ve na grabación, que publica hoxe o xornal dixital La Voz de Galicia, varias persoas que estaban no centro comercial tiveron que separarse para non ser arroiadas, antes de que o piloto decidira abandoar o recinto por outra porta que se abre automaticamente ao aproximarse.
Debido a que naquel momento o conductor era menor, a policía, que non tivo problema algún para identificar aos motoristas unha vez visto o vídeo na Rede, limitouse a informar á Fiscalía de Menores para que resolvera o caso e decidira que facer cos dous individuos, clientes habituais do Centro comercial.
A policía identifica a un motorista gamberro grazas a un vídeo de Internet
Compartir Este Artigo

