Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Periga o labor a prol do coñecemento do Consorcio de Bibliotecas das Universidades Galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Periga o labor a prol do coñecemento do Consorcio de Bibliotecas das Universidades Galegas

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cbug_exterior.jpgO coñecemento na nosa terra non o ten doado: as redes cobren minimamente ben as nosas cidades e vilas e deixan case na escuridade comunicativa a unha boa parte do noso rural. Se a estes atrancos lle engadimos o peche da billa do financiamento en determinadas entidades que levan ano despregando esforzos a prol do coñecemento, entón probablemente esteamos a asegurar a desligazón definitiva co progreso. Este é o punto de vista das Universidades da Coruña, Santiago e Vigo a propósito dos recortes de orzamento dos que está a ser obxecto o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (CBUG), unha entidade nada en 2001 co apoio da Xunta e do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) nos aspectos técnicos.
O Consorcio, que ao longo da súa andaina xerou entre a comunidade educativa das tres Universidades (máis de 60.000 usuarios, entre alumnos, profesores e investigadores) todo tipo de información en liña (bases de datos, revistas electrónicas), mantivo a súa actividade grazas ás achegas das ditas institucións educativas e da Xunta (arredor do 40% do total).
Porén, sinalan as tres Universidades, o papel de motor da innovación do CBUG vaise ver restrinxido en breve cunha redución dun 20% no seu financiamento. Este recorte promovido pola Xunta está a supoñer, sinalan as institucións educativas, a cancelación de once bases de datos de referencia que dan acceso a máis de 29 millóns de artigos científicos e a máis de 1.700 revistas electrónicas dos diferentes ámbitos do coñecemento. No manifesto conxunto a prol da continuidade da actividade normal do Consorcio, as Universidades queren deixar constancia “do seu desacordo e malestar co recorte das achegas destinadas ao financiamento destes recursos electrónicos xa que entendemos que representa un claro freo ao coñecemento, sendo este, segundo recoñece a propia Xunta de Galicia, a base para o desenvolvemento dunha economía e unha sociedade máis modernas, con maior calidade de vida e máis sostibles”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?