Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As redes sociais e o sexo, entre o máis buscado na Rede polos máis novos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As redes sociais e o sexo, entre o máis buscado na Rede polos máis novos

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

porno_web-1940f.jpgO interese polo sexo por parte de nenos e adolescentes non é novo (antes materializábase nos quioscos e nas tendas de publicacións en xeral, e agora se rexistra sobre todo na Rede), pero hai máis constancia del, en boa medida porque na Internet moi poucas das nosas operacións fican sen deixar un ronsel ou unha pegada. É nesta liña de dar conta destas e outras operacións onde se sitúan empresas como Symantec, que no seu novo informe sobre seguridade informática sinala que entre os termos máis procurados entre a nenez en liña están a afianzarse firmemente palabras como “sex” ou “porn”, a moi pouca distancia de termos ata o de agora de uso máis común como YouTube, Google ou Facebook, nomes todos eles de redes sociais e buscadores. Para Symantec, segundo se conta en webs como Cibersur, non hai dúbida do que cómpre facer nas familias con respecto ao uso de Internet: poñer algún tipo de control nas navegacións dos cativos.
Por certo que estes e outros datos da investigación tiráronse do estudo de case 15 millóns de buscas rexistradas no Online Family Norton.
Xa nunha orde de cousas máis ceibe de polémica, dicir que na sección de famosos do informe, os dous persoeiros que máis interese suscitaron entre a mocidade en liña a longo do ano que remata foron Michael Jackson e Taylor Swift. Por certo que o primeiro dos dous (un dos artistas dos que teñamos constancia ao que mellor lle ten sentado morrer) tamén aparece nun bo posto na sección de buscas populares, xunto co servizo de poxas eBay, Miley Cyrus (personaxe do que non tiñamos constancia e que resulta ser a actriz que dá vida a Hannah Montana) ou a Wikipedia, fonte de coñecemento en liña que probablemente se insira entre o máis buscado polo que ten de solucionadora de dúbidas para o estudo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?