Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno contabiliza 6,5 millóns de persoas recibindo TDT de xeito exclusivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno contabiliza 6,5 millóns de persoas recibindo TDT de xeito exclusivo

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tdt_fogar-5.jpgO Goberno central vén de lanzar un novo reconto sobre a cobertura actual da Televisión Dixital Terrestre. Segundo fai saber o Ministerio de Industria neste informe de fin de ano (por este motivo, máis significativo cós anteriores), na actualidade hai 6.5 millóns de cidadáns, pertencentes a 1.700 concellos de todo o territorio estatal, beneficiándose do cese de emisións en analóxico e recibindo de xeito exclusivo a nova tecnoloxía nos seus fogares. Con todo, engádese no estudo, a cifra é tan provisional como poida selo un dato sobre unha tecnoloxía, a TDT, en pleno proceso de despregamento. Tanto é así que está previsto un novo cambio significativo de cifras para finais do mes de xaneiro, intre no que a cidadanía “acumulada cos primeiros e segundos ceses” ascenderá a máis de 15 millóns de persoas, o que constitúe un terzo da poboación do Estado español.
Este dato significa tamén que cando o mes que vén enfíe a recta final, a metade dos concellos recibirán a televisión a través dunha única canle: a da TDT. A idea, como se pode supoñer, é abranguer o máximo posible de traballo con vistas á data fixada para o apagamento analóxico definitivo para toda España, o vindeiro 3 de abril. É dicir: evitar que unha parte máis ou menos ampla da sociedade fique sen posibilidade de recibir o sinal por falta de cobertura (feito por outra banda inevitable, segundo sinalan as institucións responsables, que agardan afecten á menor cantidade de familias posible). No informe danse a coñecer outros datos de interese:
· A cobertura de TDT supera xa o 98% da poboación.
· O 85,4% dos fogares españois xa teñen acceso ás canles da nova televisión dixital.
· O 99% das familias asegura coñecer o novo sistema de emisión audiovisual.
· A televisión dixital xa supera á analóxico en case 29 puntos no que se refire á cota de pantalla.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?