Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores valencianos tiran partido do móbil para o seguimento de pacientes logo dunha operación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores valencianos tiran partido do móbil para o seguimento de pacientes logo dunha operación

Fernando Sarasketa
Publicado: 31/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

itaca_pacientes.jpgNon todo ía ser negativo na aplicación das novas tecnoloxías á nosa comunicación e á nosa vida diaria, tal e como os medios off line teiman en darnos a entender na súa loita por reivindicar as bondades da prensa escrita ou da televisión. Así, quen queira ver exemplos de como as ferramentas dixitais da información, ben empregadas, melloran a nosa calidade de vida, vainos atopar. A Plataforma SINC, precisamente, dá conta hoxe mesmo de un caso salientable de aplicación TIC ao eido sanitario. Trátase dun sistema desenvolvido polos investigadores do Instituto Itaca da Universidade Politécnica (UPV) de Valencia e que consiste nunha tecnoloxía móbil para o seguimento da evolución dos doentes logo de procesos operatorios de calquera índole.
Polo de agora, as ferramentas estanse a poñer en práctica nas Unidades Hospitalarias de Cirurxía Maior Ambulatoria e, máis concretamente, no espazo que acolle ao paciente logo dunha intervención: o fogar.
Segundo conta SINC facéndose eco de fontes da UPV, o sistema posibilita a redución no número de reingresos respecto aos usos tradicionais e fai medrar a cifra de persoas en seguimento sen que se eleven en gran medida os custes da plataforma. Desenvolvido polo grupo de Tecnoloxías para a Saúde o Benestar (TST) do devandito centro de investigación, baséase no emprego de telefonía móbil para o subministro de fotografías ao hospital.
Este emprego da telefonía compleméntase cun programa informático que, xunto cun equipamento portátil para o doente, permítelle o persoal médico dispoñer de datos obxectivos sobre como se atopan os pacientes. O sistema está a ser obxecto arestora de melloras, como por exemplo o engadido de complementos que posibilitan a achega de información a través da Web e mediante o recoñecemento de voz. Deste xeito, informan os responsables do sistema, garántese que calquera aviso ou consulta sexa atendido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?