Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocada na Rede social unha sesión colectiva de hipnose
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Convocada na Rede social unha sesión colectiva de hipnose

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ChrisHughes.jpgXa case non queda ren da nosa vida social que non poida ser levado a cabo na Rede con semellantes e (ao mesmo tempo) enriquecedores resultados. Se acaso nos estabamos a preguntar se sería posible que alguén nos levase un paso máis alá no enfeitizo que nos produce ás veces a Internet, hoxe atopamos a resposta: si que pode ser posible. Polo menos, iso é o que sostén o hipnotizador Chris Hughes, quen vén de asumir que a Rede social é tan válida (ou máis, se vemos as olleiras noitaregas de certos usuarios) coma un escenario de feira para levar a cabo un labor colectivo de control dos diferentes eidos da mente. Para os que estean interesados na cuestión da hipnose (iso de ficar á vontade de quen move unha man ou un obxecto perante os nosos ollos, cousa común de quen ve televisión a esgalla), sinalar que hoxe ás 20.30 vaise celebrar na web socialtrance unha sesión colectiva que xorde co obxectivo (entre outros) de bater un récord no Guinnes, sobre todo dende o eido cualitativo do traballo.
Co fin de facerse co meirande número de voluntarios, Hughes botará man da Rede e máis polo miúdo de Twitter e de Facebook, dúas das canles sociais máis concorridas e, polo tanto, dous dos sitios onde máis posibilidades hai hoxe de que alguén che diga “si” a calquera cousa que propoñas. Por certo que a sesión que se vai desenvolver a través de Socialtrance vai consistir basicamente en pórse nas mans do devandito hipnotizador para descubrir se este é quen de facer que os voluntarios non poidan erguerse das súas cadeiras, ao “experimentar unha sensación de acougo como nunca antes e toda a súa vida”. O único que se precisa para participar é ter conta nas devanditas redes sociais e uns bos auriculares para quen non fique nada que proveña do hipnotizador sen escoitar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?