O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, que asume co “mellor entusiasmo” o mando da presidencia europea, tivo que emitir a súa mensaxe institucional para saudar a estrea do novo cargo a través dunha web con dominio nacional, o punto es, posto que a páxina oficial da presidencia española co dominio punto eu, foi rexistrada por un cidadán alemán uns días antes.
Deste xeito, a web www.eu2010.es vén de converterse na web oficial da presidencia española da UE, en lugar da que tiña que ter sido a oficial con dominio “.eu”, a www.es2010.eu, como fixeron os seus antecesores.
España queda sen o dominio .eu para a páxina da presidencia da UE
Compartir Este Artigo

