Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A vaga de frío satura a web estatal de información meteorolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A vaga de frío satura a web estatal de información meteorolóxica

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aemet_web.jpgO mal tempo anunciado para esta semana finalmente chegou (se é que algunha vez se foi dende hai un par de meses), aínda que se cadra aínda teremos que agardar unhas horas para comprobar se neva nas zonas da nosa xeografía onde decote non soen caer folerpas (á hora en que se escribía este artigo, aquelas non daban chegado a Santiago, aínda que si a certas zonas da comarca do Xallas). Sexa como sexa, o seguimento do mal tempo tivo e terá as súas consecuencias nas estradas reais e, tamén, virtuais. Un exemplo disto é o colapso sufrido pola web da Axencia Estatal de Metereoloxía, que virtual e literalmente non puído dar abasto para as peticións de informacións do número de cidadáns que trataron de acceder a ela co fin de obter datos sobre as condicións do clima da súa Comunidade.
O colapso rexistrouse hoxe ao mediodía, coincidindo co desenvolvemento dunha xornada de alertas para toda a Península, incluíndo (no caso galego) nevaradas a partir dos 200 metros de altitude. Porén, a medida que avanzaba a tarde foron solucionados unha boa parte dos atrancos (aínda que non todos, posto que a navegación segue a ser lenta).
Cousa diferente, aínda que hai que ter en conta o menor número de visitas que adoitan a rexistrar, son os servizos galegos habilitados en Internet para dar conta da evolución do tempo e informar dos espazos e actividades de risco e das canles ás que recorrer no caso de que aconteza algún incidente. Estamos a falar das webs meteogalicia.es, que semella estar a pleno rendemento achegando datos sobre o que nos espera os días vindeiros (en liñas xerais moito frío, xeo e neve) e de 112galicia.org, a páxina da Dirección Xeral de Emerxencias que informa arestora da situación meteorolóxica, as incidencias nas nosas estradas e os diferentes seguimentos que os medios de comunicación están a facer deste fenómeno climático adverso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?