Cando algúns centros de formación e entidades públicas están a anunciar as actividades e cursos que van desenvolver ao longo deste mes de xaneiro que recén estreamos, o novo telecentro de comunicación de Brión xa se adianta aos demais e vén de anunciar a súa oferta formativa para o vindeiro mes de febreiro.
En total, este centro albergará tres cursos de informática: dous de Microsoft Word e un terceiro de Microsoft Excel, de 40 horas lectivas e cun custe de 40 euros cada un.
As clases para dominar o programa de tratamento de textos Word 2007 terán lugar os martes e xoves entre o 26 de xaneiro e o 6 de abril: un en horario de mañá (de 10:30 a 12:30 horas) e outro de tarde (de 20:00 a 22:00 horas). Isto supón unha novidade na oferta formativa do Concello de Brión, xa que ata o de agora os cursos de informática se impartían únicamente no centro social polivalente e en horario de tarde. A dispoñibilidade do novo telecentro permite agora ofertar tamén cursos en horario de mañá.
Pola súa banda, o curso de Excel 2007 terá lugar os luns, mércores e venres entre o 18 de xaneiro e o 3 de marzo, en horario de 20:00 a 22:00 horas.
As inscricións deberán formalizarse antes do día 22 de xaneiro na casa da cultura ou a través do teléfono 981 509 908. Hai límite de prazas, polo que, segundo veñen de anunciar os seus responsables, “a admisión terá lugar por orde de inscrición, tendo preferencia os veciños empadroados en Brión”.
O telecentro de Brión impartirá varios cursos de informática a partir de febreiro
Compartir Este Artigo

