
A maiores, a dita Dirección Xeral comprometeuse a achegarlle ao CLAG o apoio loxístico preciso para a difusión das actividades formativas e para a recepción das solicitudes de inscrición a través do portal web do CNTG.
O prazo de inscrición está xa aberto e rematará o día 5 de febreiro para o curso de gravación e posproducción en HD; o 16 de febreiro para o de contidos para móbiles; o 23 de febreiro para o de técnicas avanzadas de edición; e o 2 de marzo para o curso de programación en televisión dixital.
As accións formativas están organizadas polo CLAG e forman parte do Proxecto de formación audiovisual para PEMES. Este plan de formación está enmarcado nunha iniciativa de cooperación interrexional na que participan o Proxecto Universidade Empresa (PUE) – que integra á empresa privada e á Universitat Politècnica de Catalunya-, a Corporación Aragonesa de Televisión e o CLAG.
O CLAG comeza o ano con formación tecnolóxico-audiovisual para os profesionais galegos
Compartir Este Artigo

