Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza o apagamento analóxico nas áreas técnicas de Ourense-leste, Santiago, Meda e Ares
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza o apagamento analóxico nas áreas técnicas de Ourense-leste, Santiago, Meda e Ares

Raquel Noya
Publicado: 13/01/2010
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

apagamento_analoxico.jpgO vindeiro luns, 18 de xaneiro, comezará a aplicarse en Galicia o apagón analóxico e o conseguinte acendido dixital das fases I (Ourense- Leste e Santiago) e II (Meda e Ares) que beneficiará, fundamentalmente, a concellos das provincias da Coruña e Ourense, aínda que tamén a algúns municipios das provincias de Lugo e Pontevedra.
Este primeiro proceso de acendido dixital farase, de xeito gradual, desde o vindeiro luns, 18 de xaneiro, ata o 1 de febreiro. Máis adiante, continuarase co acendido das zonas do Páramo e Domaio, correspondentes á fase III, que beneficiará aos concellos de Pontevedra e Lugo, aínda que tamén a algúns municipios das provincias da Coruña e Pontevedra. Deste xeito, o 3 de abril prevese que estea totalmente rematado este proceso de acendido dixital.
A continuación detállanse as datas de apagamento nas distintas áreas técnicas das fases I e II. Comezarán o día 18 de xaneiro nos centros da Gudiña, Monterrei, Verín, Viana do Bolo (correspondentes á área técnica de Ourense-Leste), Lalín, Lousame, Montouto, Porto do Son, Santiago-San Marcos, Silleda, Teo e Vila de Cruces (correspondentes á área técnica de Santiago), e rematarán o 1 de febreiro nos centros de Catoira, Noia, Santiago-Pedroso, Santiago II, Vedra (correspondentes á área técnica de Santiago), Ares, Arou, Cabanas, Cariño-Ortigueira, Cerdido, Doniños, Ortigueira, Penamoa, Vimianzo, Xaviña (área técnica de Ares), Almorfe, Arnoia, Avión, Chandrexa, Crecente, Leiro, Lobios, Meda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Pantón, Pontevedra, Sobradelo e Xunqueira de Espadañedo (pertencentes á área técnica de Meda).
A relación de datas de apagamento nos distintos centros pertencentes ás fases I e II, que se poden consultar tanto na páxina web da Xunta como en tdtgalicia.es, podería sufrir, segundo veñen de informar dende a Xunta “leves modificacións, das que, de ser o caso, se informará debidamente”.
Todas aquelas persoas beneficiarias ou interesadas neste proceso de acendido dixital poderán dirixirse á Oficina Técnica da TDT a través do seguinte número de teléfono 981 57 21 54 ou encontrar información detallada na devandita web oficial da TDT en Galicia.

Relación de datas de apagamento nos distintos centros pertencentes as fases I e II:

PT
CENTRO
FECHA
Ourense – Leste
A Gudiña
18-01-10
Ourense – Leste
Monterrei
18-01-10
Ourense – Leste
Verín
18-01-10
Ourense – Leste
Viana do Bolo
18-01-10
Ourense – Leste
Viana do Bolo II (privadas)
18-01-10
Santiago
Lalín (Retegal)
18-01-10
Santiago
Lousame (Retegal)
18-01-10
Santiago
Montouto (Retegal)
18-01-10
Santiago
Porto do Son
18-01-10
Santiago
Santiago – San Marcos (Retegal)
18-01-10
Santiago
Silleda (Retegal)
18-01-10
Santiago
Teo (Retegal)
18-01-10
Santiago
Vila de Cruces
18-01-10
Santiago
Cee (Retegal)
19-01-10
Santiago

Corcubión (RGE de Muros – Santiago)

19-01-10
Santiago
Ezaro-Pindo
19-01-10
Santiago
Finisterre
19-01-10
Santiago
Fisterra 2
19-01-10
Santiago
Lariño
19-01-10
Santiago
Muros
19-01-10
Santiago
Muxia
19-01-10
Santiago
Sardiñeiro
19-01-10
Santiago
Arzúa (Retegal)
21-01-10
Santiago
Touro
21-01-10
Santiago
Val do Dubra
21-01-10
Santiago
Catoira
01-02-10
Santiago
Noia
01-02-10
Santiago
Santiago- Pedroso
01-02-10
Santiago
Santiago II
01-02-10
Santiago
Vedra
01-02-10
Ares
Arteixo
20-01-10
Ares
Carballo
20-01-10
Ares
Carral
20-01-10
Ares
Culleredo
20-01-10
Ares
Ponteceso
20-01-10
Ares
Traba-Laxe
20-01-10
Ares
Zas – Castro
20-01-10
Ares
Zas II
20-01-10
Ares
Cedeira
21-01-10
Ares
Esmelle
21-01-10
Ares
Feas
21-01-10
Ares
Mandía
21-01-10
Ares
Muras II
21-01-10
Ares
S. Sadurniño
21-01-10
Ares
San Andrés de Teixido
21-01-10
Ares
Sta. Mariña de Narahio
21-01-10
Ares
Vicedo
21-01-10
Ares
Vilasanche
21-01-10
Ares
Aranga (Retegal)
25-01-10
Ares
As Pontes de G. Rodríguez
25-01-10
Ares
Betanzos
25-01-10
Ares
Oza dos Ríos
25-01-10
Ares
Pontedeume
25-01-10
Ares
Ares
01-02-10
Ares
Arou
01-02-10
Ares
Cabanas
01-02-10
Ares
Cariño – Ortigueira
01-02-10
Ares
Cerdido
01-02-10
Ares
Doniños
01-02-10
Ares
Ortigueira
01-02-10
Ares
Penamoa
01-02-10
Ares
Vimianzo
01-02-10
Ares
Xaviña
01-02-10
Meda
A Bola
26-01-10
Meda
Allariz
26-01-10
Meda
Bande
26-01-10
Meda
Bande II
26-01-10
Meda
Celanova
26-01-10
Meda
Chantada
26-01-10
Meda
Chantada II
26-01-10
Meda
Xinzo
26-01-10
Meda
Carballiño
27-01-10
Meda
Cea
27-01-10
Meda
Irixo
27-01-10
Meda
Maceda
27-01-10
Meda
Maside
27-01-10
Meda
Ribadavia – Cenlle
27-01-10
Meda
Toén
27-01-10
Meda
Escairón
28-01-10
Meda
Monforte
28-01-10
Meda
O Barco
28-01-10
Meda
Almorfe (Retegal)
01-02-10
Meda
Arnoia (Retegal)
01-02-10
Meda
Avión (Retegal)
01-02-10
Meda
Chandrexa (Retegal)
01-02-10
Meda
Crecente
01-02-10
Meda
Leiro (Retegal)
01-02-10
Meda
Lobios (1 y 2)
01-02-10
Meda
Meda
01-02-10
Meda
Nogueira de Ramuín (Retegal)
01-02-10
Meda
Ourense
01-02-10
Meda
Pantón (Retegal)
01-02-10
Meda
Pontedeva (Retegal)
01-02-10
Meda
Sobradelo
01-02-10
Meda

Xunqueira de Espadañedo (Retegal)

01-02-10

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?