Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC Galicia celebra a súa primeira asemblea xeral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebra a súa primeira asemblea xeral

Raquel Noya
Publicado: 15/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

FOTO2CLUSTER.jpgLogo de concluir os procedementos de legalización estatutaria e de rexistro necesarios para crear calquera asociación oficial, o Clúster TIC Galicia vén de iniciar a súa actividade na nosa Comunidade, con máis de 75 entidades adheridas. Esta asociación, que integra a cadea de valor das empresas de novas tecnoloxías da información e da comunicación do noso país, vén de celebrar xa a súa primeira asemblea xeral ordinaria, que tivo máis ben carácter informativo, de cara a poñer en contacto as asociacións empresariais e profesionais do sector con colexios oficias e empresas participantes.
Na asemblea, que foi presidida e moderada pola presidenta provisional do Clúster e presidenta de Eganet, Beatriz Legerén, informouse aos membros da situación actual da iniciativa e aprobouse o regulamento da asemblea xeral extraordinaria convocada para o 11 de febreiro, que, segundo afirman dende a entidade, “terá carácter extraordinario e nela elexiranse a presidencia e os membros do comité estratéxico da asociación”.
Segundo explicou na asemblea Beatriz Legerén, rematada a elección dos órganos de dirección, o Clúster trazará as súas liñas estratéxicas que, en calquera caso, perseguirán os fins constitutivos da asociación e que pasan por potenciar as accións de desenvolvemento das empresas, xerar mercados de alianzas que eleven o nivel competitivo dos produtos e servizos galegos nos mercados estatais e internacionais, establecer convenios de financiamento, favorecer o desenvolvemento tecnolóxico, optimizar as infraestruturas, representar o sector TIC galego e promover o asociacionismo empresarial.
O Clúster TIC Galicia xorde do consenso e esforzo conxunto das organizacións EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías), INEO (Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación), AETIC-Galicia (Consello Territorial de Galicia da Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións de España), COETG (Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia) e CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), entidades que contaron co apoio da Administración Autonómica para culminar a materialización do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?