Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG participa no desenvolvemento do consello de colexios de Enxeñería Técnica en Informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG participa no desenvolvemento do consello de colexios de Enxeñería Técnica en Informática

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

CONCITI.jpgOs profesionais galegos do eido TIC están a participar estes días en diversas accións a nivel estatal en beneficio do fortalecemento e dignificación do seu eido laboral. Se hai uns días falabamos dos traballos en Madrid do CPEIG, agora toca falar do seu órgano irmán na nosa terra, o CPETIG (Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia), quen tomou parte activa este sábado 16 na creación do equipo de traballo que velará polo regulamento da entidade estatal que representa aos colexios achegados polas comunidades. A xuntanza para a constitución desta Comisión Xestora do Consello de Colexios de Enxeñería Técnica en Informática de España tivo lugar en Madrid este sábado 16 de xaneiro. Esta Comisión, informa o colexio galego, terá como finalidade elaborar uns estatutos provisionais reguladores dos órganos de goberno do Consello.
A Comisión contará coa presenza activa de Marcos Mata Mansilla, actual voceiro da xunta de goberno é único aspirante á presidencia do Colexio no proceso electoral que arestora se está a vivir no CPETIG e que rematará este sábado 23 de xaneiro.
Na formalización deste equipo de traballo concorreron, amais do galego, os colexios de Asturias, Catalunya, Castela A Mancha, Andalucía e Galicia. Pola contra, non puideron asistir á xuntanza de maneira directa as entidades de Canarias, Valencia e Balears (aínda que delegaron o seu voto).
O Consello de Colexios, informa o CPETIG, é unha corporación de dereito público que se relacionará coa Administración Xeral do Estado a través do Ministerio de Industria e terá presenza no Consello Asesor das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
”Con este paso”, engade o colexio galego, “cada día estamos máis preto de normalizar a nosa profesión, sendo o noso gran obxectivo o progreso da sociedade dixital emerxente e un futuro mellor cheo de grandes posibilidades”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?