Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Supera as 15.000 adhesións o caderno que pide o redireccionamento a Haití da herdanza destinada á familia real
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Supera as 15.000 adhesións o caderno que pide o redireccionamento a Haití da herdanza destinada á familia real

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

principes_espana.jpgFálase moito estes días, e a base de ben, dunha doazón monetaria considerable dirixida a sufragar os importantes gastos futuros dunha das familias españolas máis necesitadas de recursos, a familia real. Pois ben, ironías aparte o caso é que o anuncio desta importante achega de cartos coincidiu en parte cunha das máis tristes e desesperantes desgrazas do noso tempo: o terremoto de Haití, a día de hoxe no máis cru da súa virulencia, malia que o sismo en si mesmo xa hai días que deixou de sentirse. A comunidade internauta, que non descansa nin durme, tomou cartas no asunto: xa que non hai ninguén neste Estado español (nin de esquerdas nin de dereitas) que aprobe a devandita doazón e xa que os príncipes anunciaron que ían ser solidarios coa súa parte, estanse a tomar na Internet diferentes medidas para conseguir que se lle ceda o diñeiro aos damnificados de Haití. A medida, coa que dificilmente se estará en desacordo, non cabe dúbida de que tamén sería positiva para a real familia, tendo o conta que a súa imaxe pública na sociedade española está feita farrapos.
Podemos ver a iniciativa materializada na comunidade Facebook, nunha fronte común que leva o seguinte epígrafe: Para que os Príncipes doen a Haití a súa herdanza millonaria do menorquín.
A medida, que só require un clic para os usuarios da dita social, contaba a primeira tarde de hoxe luns con case 16.200 membros, o que non está nada mal para unha proposta desta índole, xeralmente máis minoritaria. Entre os que se veñen de sumar á proposta común está o xornalista Xaime Calviño de Xornal, quen fala hoxe mesmo do seu apoio á proposta (que xurdiu, precisamente, logo de que se soubese en España que os príncipes ían destinar a súa parte da herdanza legada polo investidor Juan Ignacio Balada) e da marcha da mesma: aproximadamente dunhas dez adhesións por minuto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?