Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsot e Médicos Sin Fronteras colaboran tecnoloxicamente para optimizar as actividades solidarias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsot e Médicos Sin Fronteras colaboran tecnoloxicamente para optimizar as actividades solidarias

Raquel Noya
Publicado: 20/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

microsoft-4.jpgA presidenta de Médicos Sin Fronteras (MSF) en España, Paula Farias, mailo director de Desenvolvemento corporativo de Microsoft Ibérica, Carlos de la Iglesia, veñen de asinar un acordo de colaboración polo cal se reafirma a “vital importancia” da innovación tecnolóxica para que as organizacións sen ánimo de lucro poidan multiplicar os efectos positivos das súas actividades solidarias.
Mediante esta alianza, a organización medico-humanitaria de carácter internacional (que tanto está a traballar en prol dos máis necesitados en Haití e noutros territorios) e Microsoft, traballarán estreitamente para aplicar as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) en MSF, con beneficios que repercutirán non só nun mellor funcionamento interno da propia organización (grazas a un aumento da produtividade, mellora dos procesos ou ferramentas máis potentes de conectividade), senón en todas as persoas que día a día reciben o seu apoio crítico.
Microsoft, que se ve moi comprometida co encomiable labor que desenvolve Médicos Sin Fronteras, achegando axuda a poboacións en situación precaria e a vítimas de catástrofes de orixe natural ou humana e de conflitos armados, vén de facer unha doazón de infraestrutura tecnolóxica de máis de 800 licenzas de software, cuxo valor económico supera os 562.000 euros.
A través desta cesión exemplar, as case 3.000 persoas que traballan para a sección española de MSF, poderán empregar ferramentas TIC avanzadas no desenvolvemento dos múltiples proxectos que executa a nivel internacional. Estas ferramentas, dispoñibles para o persoal internacional expatriado e o persoal nacional, non só implicarán ás oficinas centrais en Barcelona, senón tamén a todas as oficinas “no terreo” no que MSF desenvolve proxectos humanitarios.
Entre os produtos que Microsoft pon a disposición de Médicos Sin Fronteras encóntrase dende o sistema operativo Windows tanto para postos de escritorio coma para os servidores, ata a completa suite ofimática Office, pasando por software de xestión para poder realizar as súas operacións diarias de forma óptima e ferramentas para poder crear unha intranet potente.
Asemade, Microsoft brinda a MSF as actualizacións e mantemento de balde das ferramentas durante dous anos grazas a Software Assurance, garantindo que a entidade sempre poderá contar coas últimas versións de todos os produtos.
A organización humanitaria e o equipo de Microsoft manteñen unha relación estreita e fluída que non só brindará á organización médico-humanitaria todo o apoio necesario para poñer en marcha e sacar o máximo partido a ferramentas doadas, senón que tamén está a dar como froito o estudo de posibles novos proxectos de futuro relacionados coas últimas Tecnoloxías da Información. Pero ademais de no terreo tecnolóxico, Microsoft tamén vai cooperar no contexto do seu programa de voluntariado interno, realizando campañas específicas encamiñadas a involucrar os propios empregados da firma de software no proxecto con MSF.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?