Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Digalego multiplica por cinco as visitas tras o achegamento a Xornal.com
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Digalego multiplica por cinco as visitas tras o achegamento a Xornal.com

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

digalego.com_peche_temp_horizontal-c7567.jpgMalia que algúns internautas teimen en poñerlle cadeas, a presenza da nosa lingua segue a medrar na Rede, tanto entre os galegofalantes e os galegoescribintes como entre os que, sen selo, teñen descuberto en si mesmos un interese polo noso, e ás veces dende os países máis afastados do noso eixe de acción. Certo é que o máis normal dunha web que xorde dende o comezo achegando recursos útiles sobre a lingua é que vaia a máis, en visitas e en calidade, pero o medre de Digalego ten amosado nos últimos tempos unha gráfica de pendente pronunciada. Esta progresión, da que en parte é culpable agora a súa alianza con Xornal, materializouse hai pouco co Premio Eganet á Mellor Aplicación En Liña (que recoñeceu o traballo dos responsables do dicionario achegando milleiros de entradas e traducións) e ben de confirmarse unha vez máis ao terse disparado as súas visitas dende a integración do acceso ao servizo dende Xornal.
Pois ben, segundo fan saber os responsables de Digalego, o equipo de Ir Indo, o dicionario online multiplicou por cinco as súas visitas dende o seu achegamento á devandita canle de comunicación, que colleu corpo definitivo a pasada fin de semana. Este achegamento consiste en poñer ao alcance dos lectores de Xornal a consulta de calquera termo que se atope nos textos e seguindo o único paso de facer dobre clic sobre ela, co que se abre unha xanela virtual que non é outra cousa que Digalego achegando a definición ao respecto.
Este incremento no emprego do dicionario galego significa que catro de cada cinco visitas que recibe veñen dunha consulta feita no Xornal; visitas que segundo salienta Bieito Ledo, director de Ir Indo, proveñen en moitos casos de países tan afastados como China, India ou Estados Unidos, co que se confirma o que xa se supuña: o galego, sexa por si só ou por ser unha lingua da lusofonía, esperta interese entre a comunidade internauta, cada vez máis afeita e máis disposta a empregar con soltura canta lingua se lle poña por diante, dándolle as costas á presenza a todas luces cargante do inglés.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?