Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica achega 900.000 euros para axudar ás vítimas de Haití
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica achega 900.000 euros para axudar ás vítimas de Haití

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cruz_vermella.jpgMentres algunhas entidades bancarias ven incrementar os seus beneficios grazas ás doazóns dos cidadáns e mentres os cruceiros para xente podre de cartos seguen a empregar a contorna de Haití para proseguir a festa, un novo sismo vén de sacudir o país coma se non houbese maneira posible de pechar a ferida. Con todo, cómpre lembrármonos a nós mesmos que hai xeitos de colaborar e que para iso están os trebellos con acceso ás redes que temos ao alcance da man. Se o outro día falabamos nesta mesma web das canles habilitadas por Yoigo e Orange, agora toca facelo de Telefónica e Vodafone, que, cada unha á súa maneira, están a tentar que as mensaxes de texto sirvan para algo máis que para picar co novo calote telefónico-amoroso.
Pois ben, se Vodafone segue a diante co seu número 5280 (ao que teremos que enviar un sms coas letras CR e co obxectivo de doar axuda á Cruz Vermella por valor de 1,04 céntimos a mensaxe), Telefónica xa anunciou que achegará 900.000 euros para contribuír á reconstrución do país tralos devastadores terremotos destes días.
A compañía, sinala nun comunicado, faralle chegar á dita organización esta cantidade co obxectivo de cubrir proxectos destinados á nenez, con especial fincapé na saúde. A achega conseguiuse a través das tres divisións territoriais da compañía: Telefónica España, Telefónica Europa e Telefónica Latinoamérica. Por certo que a tarefa solidaria está a vir acompañada dun traballo de reconstrución das comunicacións. Segundo fai saber a firma no dito comunicado, Telefónica restableceu “en cuestión de poucas horas as comunicacións instantáneas internacionais (voz, datos e televisión) con Haití grazas ao seu servizo BGAN de telecomunicacións vía satélite, tal como se fixo noutras situacións de emerxencia como o secuestro do barco Alakrana no Índico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?