Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores fan uso da tecnoloxía 3D para visualizar as ligazóns neuronais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores fan uso da tecnoloxía 3D para visualizar as ligazóns neuronais

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

conexions_neuronais_3d.jpgSe hai algo que aínda fique na súa meirande parte no misterio, non está precisamente fóra de nós. Está ben dentro: trátase das neuronas e as súas ligazóns, o xeito que teñen de comunicárense e o nivel de actividade que poden acadar (ou, para algúns casos ben concretos que todos coñecemos de tanto saír na tele, o nivel de inactividade posible). O caso é que, como en moitos outros casos, as novas tecnoloxías poden servir de luz e de lente de aumento, tal e como se desprende do traballo desenvolvido por un equipo de investigadores do Instituto Max Planck de Bioquímica (Alemaña) liderado polo físico español Rubén Fernández-Busnadiego. Ao parecer, unha boa parte do seu labor estase a centrar na obtención de imaxes en tres dimensións (3D) das vesículas e os filamentos que entran en xogo na comunicación neuronal.
A canle usada, informa SINC, consiste nunha técnica de microscopía electrónica que arrefría as células de xeito tan inmediato que as inmobiliza (conxélaas) coma se dunha foto fixa do seu labor se tratase. A técnica chámase crio-tomografía electrónica e dá como resultado espectaculares imaxes tridimensionais dun proceso chamado sinapse, que non é outra cousa que a estrutura celular que dá acubillo ao intercambio de datos entre as neuronas dos cerebros dos mamíferos. Asemade, este procedemento permite unha alteración mínima destas estruturas, posible grazas á natureza mesma das fixacións das células, vitrificadas en troques de ligadas con reactivos químicos, polo que o labor de arrefriamento posibilita unha ollada fiel da súa actividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?