Na actualidade, 9 de cada 10 correos electrónicos son fraudulentos e este tipo de mensaxes, a pesar das medidas que existen para paralas, seguen a empregarse porque funcionan. E vaia se funcionan, segundo datos extraídos do último informe de Symantec sobre o mercado negro, a práctica de ciberdelitos están tan extendida que podería incluso superar os ingresos do tráfico de drogas internacional.
O informe denuncia a existencia dunha economía sumerxida de ciberdelitos, un mercado negro de Internet onde os ciberdelincuents poden comprar, vender, intercambiar e comercializar técnicas delictivas, así como ferramentas e información persoal dos usuarios, sempre con ánimo de lucro como único propósito.
O estudo reflexa que os actuais ciberdelincuentes obteñen os seus beneficios da nosa información persoal e destaca que as tarxetas de crédito son o seu obxectivo principal, xa que a información que éstas conteñen véndese no mercado negro incluíndo a data de caducidade, o nome do titular, a dirección de facturación e a chave PIN.
A información confidencial das contas bancarias séguenas de preto, representando o 19 por cento de todos os bens anunciados para a súa venda. Ao comezo, a intención do ciberdelincuente era, segundo o estudo, « crear caos e destrución, elaborando virus que lle dese notoriedade, non diñeiro ». Porén actualmente as ameazas en liña son moi diferentes das propagacións virais orixinais e os ciberdelincuentes só desexan facer diñeiro, comentendo un delito se fai falla.
De feito, un 78 por cento dos ataques en liña inclúen un compoñente financeiro. Para iso, os delincuentes válense dun programa que detecta as teclas pulsadas. Trátase dun software que traballa nun segundo plano no noso ordenador para gravar as teclas que o usuario pulsa no teclado, e, por conseguinte as súas claves de acceso e a información confidencial de contas bancarias e contrasinais.
Segundo o Informe sobre o Estado de Phising de Symantec, os ataques de Phising, os correos electrónicos falsos e as formas de fraude en liña que xogan cos nosos gustos, emocións e preocupacións, así como outros enganos que intentan facer que os consumidores ofrezan datos persoais, están a aumentar un 20 por cento mensualmente. Os ciberdelincuentes saben como empregar os mecanismos de “enxeñaría social” para enganarnos e baixar as nosas defensas utilizando, por exemplo, casos de catástrofes como a sucedida recentemente en Haití.
O ciberdelito pode superar os ingresos do tráfico de drogas a nivel internacional
Compartir Este Artigo

