O vídeo na Internet continúa a avanzar con forza, tomando un carácter de seu en espazos coma o novo EuFalo.TV, que é un proxecto de documental colaborativo, que busca contar unha historia sobre a lingua dende o punto de vista dos seus falantes, que mediante distintas pezas contribuirán a esta obra en desenvolvemento na que xa podemos colaborar e que irá pondo «caras ao Mapa Sociolingüístico de Galicia».
Esta nova plataforma audiovisual é obra de A Navalla Suíza coa colaboración de Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, Araceli Gonda, Xandra Tedín, Mabel Montes, Mónica Ares e Matías Tarrío, entre outros, e foi posible en boa medida grazas a unha subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) por valor de 15.000 euros.
Os usuarios que queiran achegar as súas propias pezas para este proxecto poden facelo sen moitos recursos, e incluso están a preparar a posibilidade de poder participar en EuFalo.TV a través de cámara web.
EuFalo.TV axuda a ilustrar a situación da lingua galega
Compartir Este Artigo
