Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un investigador galego mellora o sistema de recuperación de información dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un investigador galego mellora o sistema de recuperación de información dixital

Raquel Noya
Publicado: 27/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Otero_uvigo.jpgNos tempos que corren, nos que practicamente tódalas institucións, tanto públicas como privadas, están a dixitalizar os seus documentos e xerando os novos en formato electrónico a fin de volver a eles e á información que conteñen da maneira máis rápida e eficaz posible, é necesario que os criterios de busca sexan claros e concretos, algo que co noso idioma faise unha tarefa máis complicada que noutras linguas debido ó dobre significado e a ambigüidade segmental de moitas palabras.
Neste contexto, o investigador da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, Juan Otero, vén de desenvolver para a súa tese de doutoramento un sistema de corrección ortográfica que soluciona os problemas máis importantes á hora de procesar as consultas nun sistema de recuperación de información.
A principal achega do seu traballo consiste, segundo indicou o propio investigador, “na creación dun método que resulta moito máis eficiente que os métodos globais clásicos”.
Baixo o título Análise léxico robusto, Otero aborda o desenvolvemento e a avaliación de técnicas de corrección ortográfica robusta e a súa aplicación en contornas de recuperación de información nas que as consultas presentan erros.
Os sistemas de recuperación de información permiten localizar aqueles documentos dunha colección que satisfagan os requirimentos dun usuario, expresados en forma de consultas en linguaxe natural, pero é frecuente a introdución de erros ortográficos ou de dixitación á hora de facer as procuras, de aí a importancia de desenvolver ferramentas como as que agora achega este investigador ourensán.
O método de corrección ortográfica elaborado por Otero foi integrado na ferramenta de etiquetación morfosintáctica Mr. Tagoo, desenvolvida no grupo de investigación Compiladores e Linguaxes da Universidade de Vigo, ao que tamén pertence o autor da tese. Deste xeito, obtívose unha solución integral capaz de resolver de forma eficiente os tres problemas principais que se presentan á hora de procesar as consultas nun sistema de recuperación de información, “a ambigüidade segmental, a ambigüidade morfosintáctica e a corrección ortográfica contextual”, explicou Otero.
O resultado dos experimentos, realizados nunha contorna de recuperación de información con consultas degradadas, poñen de manifesto que “o emprego de técnicas de corrección ortográfica ten un impacto moi positivo sobre os sistemas de recuperación de información”, fronte a outras propostas realizadas con anterioridade. Ademais, como alternativa á aplicación de algoritmos de corrección ortográfica, avaliouse tamén “unha técnica de recuperación de información baseada en n-gramas de carácteres superpostos, que presenta a vantaxe de non requirir ningún recurso lingüístico extra”, e ofreceu tamén uns excelentes resultados en contornas nas que existe un elevado número de erros nas consultas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?