Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha fenda dixital divide a Galicia costeira da interior
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha fenda dixital divide a Galicia costeira da interior

Raquel Noya
Publicado: 27/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ige_internet_fogares_galegos_2008.jpgO Instituto Galego de Estadística vén de publicar os datos da Enquisa de condicións de vida das familias no ano 2008 e no tocante ás novas tecnoloxías, a sorpresa foi que unha fenda dixital divide o interior de Galicia das provincias costeiras. Segundo o IGE, o 33 por cento dos fogares contaba con conexión a Internet no ano 2008, pero a distribución por áreas era moi irregular e mentres no entorno de A Coruña era do 45,9 por cento, no sur de Ourense, era de tan só un 14,1 por cento. A distribución dos fogares con conexión a Internet no ano 2008, lonxe do que cabería agardar, está moi lonxe de ser uniforme, e a porcentaxe varía moito en función da área xeográfica na que nos atopemos. A principal causa de que os fogares galegos non teñan conexión a Internet, segundo apunta a enquisa son fundamentalmente que “non queren porque non lles parece interesante ou útil” nun 40,7 por cento dos casos, “os altos custes” no 27 por cento dos enquisados e a “falta de coñecementos” nun 20,1 por cento dos fogares. Cabe destacar que o uso da Rede por parte dos nenos e nenas de entre 5 e 14 anos supera xa o 50 por cento e tamén está moi extendido entre os mozos e mozas de entre 15 e 19 anos, que xa o empregan nun 89,9 por cento. Porén as porcentaxes de poboación que emprega Internet vai diminuíndo a medida que incrementamos a idade dos usuarios e deste xeito, a porcentaxe da poboación de 30 a 39 anos que usa a Rede no noso país baixa ata o 69,7 por cento, mentres que a de idades comprendidas entre os 40 e os 54 non chega nin ao 50 por cento. No tocante ao uso de teléfono móbil, no ano 2008, sete de cada dez cidadáns galegos de 5 ou máis anos empregárono algunha vez, unha cifra moi superior á rexistrada no ano 2002, que se situaba un pouco por enriba do 42 por cento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?