Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CDSI de Moaña adianta as actividades que levará a cabo en febreiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CDSI de Moaña adianta as actividades que levará a cabo en febreiro

Raquel Noya
Publicado: 28/01/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cdsi_moana.jpgO Centro de Dinamización da Sociedade da Información en Moaña, non quixo deixar que rematase xaneiro para programar e presentarnos as novas actividades previstas para o vindeiro mes de febreiro, no que a dinamizadora Ana María Pérez se volverá a implicar con tódolos veciños e veciñas na procura de ferramentas tecnolóxicas coas que poder mellorar o seu día a día.
Moaña comeza o mes cun curso de Iniciación a Internet, dirixido a tódolos veciños e veciñas do lugar que desexen manexar con certa soltura o ordenador e os seus periféricos, así como entrar na Rede e desenvolverse medianamente ben con calquera navegador.
Terá lugar en 3 quendas: -Primeira quenda: desde o 1 de febreiro ao 8 de febreiro, os luns, mércores e venres de 10:30 a 12.00 horas. -Segunda quenda: desde o 2 de febreiro ao 11 de febreiro, os martes e xoves de 10:30 a 12:00 horas. -Terceira quenda: desde o 2 de febreiro ao 11 de febreiro, os martes e xoves de 19:00 a 20:30 horas.
Cada unha das quendas ten unha duración de 6 horas.
Outro curso que se desenvolverá na localidade pontevedresa é Alfabetización dixital: Iniciación a informática e Internet: unha actividade coa que se pretende que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa quen de manexar de forma básica un computador, así como de acceder a Internet e utilizar algúns dos recursos básicos dispoñíbles. Vai ter lugar do 1 ao 24 de febreiro, os luns e mércores de 19:00 a 20:30. O obradoiro ten unha duración de 12 horas.
Creación dunha conta de correo electrónico é outra actividade que se vai desenvolver en Moaña, coa que se pretende que o usuario/a ao finalizalo sexa capaz de crear e xestionar contas de correo electrónico. Desenvolveranse tamén en 3 quendas: – Primeira quenda: desde o 15 de febreiro ao 26 febreiro, no seguinte horario: luns, mércores e venres de 10:30 a 12.00 horas. – Segunda quenda: desde o 16 de febreiro ao 25 de febreiro, no seguinte horario: martes e xoves de 10:30 a 12:00 horas. -Terceira quenda: desde o 16 de febreiro ao 25 de febreiro, no seguinte horario: martes e xoves de 19:00 a 20:30 horas. Cada unha das quendas ten unha duración de 6 horas.
Videoconferencia: con esta actividade preténdese que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa capaz de utilizar programas para comunicarse en tempo real empregando unha webcam. Desenvolverase os días 10, 17 e 24 de febreiro no seguinte horario: mércores de 16:00 a 18:00 horas.
Por último, tódolos martes e xoves desde o 2 ao 25 de febreiro, levarase a cabo un curso de Edición de imaxes: Gimp co que se pretende que as persoas asistentes aprendan a retocar as súas propias imaxes dixitais. Desenvolverase en dous turnos: mañás de 12:00 a 13:30 horas e tardes de 16:00 a 17:30 horas. Terán unha duración de 12 horas.
Asemade, está prevista a realización da charla Moaña preto de ti, na Rede, na cal se lles mostrará os/as asistentes as diferentes webs existentes na Internet relacionadas co Concello de Moaña.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización do Concello de Moaña, sito na rúa Donato Bernardez Sotelo, nº 6, local G, chamar ao teléfono 986.314.997 ou por correo electrónico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?