Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os apagamentos deste xoves deixan un cifra de 550.000 galegas/os con acceso único á TDT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os apagamentos deste xoves deixan un cifra de 550.000 galegas/os con acceso único á TDT

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tdt_total_apagados_dia_28.jpgA Secretaría Xeral de Medios prosegue coa súa emisión continua de informes sobre o estado actual dos apagamentos analóxicos levados a cabo estes días na nosa xeografía. Segundo fai saber no seu reconto de hoxe xoves pola tarde, tras os procesos de dixitalización efectuados nas dúas últimas semanas a cifra de galegas e galegos que teñen neste intre Televisión Dixital Terrestre (TDT) nos seus fogares como canle única de recepción do sinal é de arredor de 550.000. Precisamente a de hoxe xoves foi a última xornada de apagamentos analóxicos desta semana, centrándose estas tarefas de acendido dixital na área técnica de Meda e nos centros emisores de Escairón, Monforte e O Barco.
Segundo informa a Secretaría Xeral, estes labores afectaron total ou parcialmente a 4 concellos de Lugo –Bóveda, Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón e O Saviñao- e 4 concellos de Ourense –o Barco de Valdeorras, Petín, A Rúa e Vilamartín de Valdeorras. Estaríamos a falar, polo tanto, de 50.000 persoas máis que só ven a televisión a través da nova tecnoloxía.
Polo que atinxe ao desenvolvemento dos traballos, non houbo grandes novidades con respecto aos dos días previos. Deste xeito, tamén hoxe se rexistraron incidencias, principalmente atrancos para levar a TDT a determinados fogares, pero dende a Xunta informan que os técnicos de Retegal e das empresas instaladoras están arestora a traballar na súa solución. Nesta liña insírese a intervención levada a cabo esta mañá no microemisor de TDT de Baños de Molgas, en Ourense, onde o persoal de instalación atopou un desaxuste na parábola, problema que agardan ter amañado nos vindeiros días.
Cómpre lembrar que a semana que vén proseguirán os labores de apagamento, máis polo miúdo no que resta das fases I e II de implantación da TDT na nosa terra. Para comezar, o luns está previsto o cese da emisión do sinal antigo dunha ampla zona das provincias da Coruña e Ourense, co que a totalidade das dúas provincias ficarán dixitalizadas integramente (excepto a bisbarra coruñesa de Barbanza). En detalle, os ceses levaranse a cabo na área técnica de Ares, afectando aos centros emisores de Ares, Arou, Cabanas, Cariño-Ortigueira, Cerdido, Doniños, Ortigueira, Penamoa, Vimianzo e Xaviña, e tamén na área técnica de Meda, nos centros de Almorfe, Arnoia, Avión, Chandrexa, Crecente, Leiro, Lobios (I e II), Meda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Pantón, Pontedeva, Sobradelo e Xunqueira de Espadañedo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?