Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As universidades galegas de do Norte de Portugal amosan o seu patrimonio na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As universidades galegas de do Norte de Portugal amosan o seu patrimonio na Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

museo_virtual_eurorrexion.jpgA colaboración educativa e comunicativa entre ámbalas dúas beiras do Miño só podía ir a máis co afianzamento das canles dixitais do coñecemento. Se a isto lle engadimos a existencia de iniciativas de colaboración como o CEER, moi centradas no intercambio de recursos a través das redes, entón é probable que o número de pontes que unen unha terra a outra, terras irmás por outra banda, sexa xa máis abondoso no plano dixital ca no puramente físico. Por certo que o CEER, Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais, está estes días a facer reconto do acadado ao longo dos catro anos de vida do seu Museo Virtual Universitario da Eurorrexión, unha mostra dixital sometida a un enriquecemento continuo e na que traballan arreo as universidades públicas de Galicia e máis do Norte de Portugal.
O espazo, que segundo os seus responsables foi o primeiro da súa índole que se puxo en marcha dentro do eido universitario da Península, dá acubillo a recursos museísticos do patrimonio científico e cultural das universidades de Santiago, A Coruña, Vigo, Porto, Tras os Montes e Alto Douro e Minho.
O museo, que integra unha ferramenta de Google Earth que fai posible o desprazamento por estes espazos xeográficos irmáns e o seu coñecemento común, é con toda probabilidade unha das principais referencias ou fontes de inspiración da iniciativa de intercambio cultural e investigación configurada pola Universidade de Barcelona.
A mostra dixital galego-portuguesa, inserida dentro da política de innovación social que desprega o CEER dende a súa creación, foi posible grazas á posta en marcha deste campus en liña galego-portugués que representa en boa medida a páxina web da dita Fundación-Centro.
Entre os logros deste campus atópase o de ter conseguido a conexión de 16.000 estudantes e 14.000 profesores, concorrencia que amais de impulsar a creación do devandito museo deulle azos ao Club de Lectura virtual ou ao Plan de Comunicación 2.0.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?