Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Asturias apoiará con 6 millóns de euros o despregue de redes no rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Asturias apoiará con 6 millóns de euros o despregue de redes no rural

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Asturias, en cuestión de despregue de acceso ás redes ao longo e ancho do seu territorio, ten un traballo semellante ao noso. Isto vén a conto polo espallamento da súa poboación (non tan notorio coma no caso galego, pero salientable a fin de contas) e o complicado da súa paisaxe, dúas circunstancias que de boas a primeiras enlean calquera estratexia de afianzamento dixital. Con todo, quen soe saír perdendo, tanto no seu caso coma no noso, é o rural. Falamos pois dun bo anaco da xeografía do país que ve limitadas as súas posibilidades de medre económico e social cun acceso ao coñecemento que é moito máis precario có das cidades, xa de por si beneficiadas.
Segundo se conta en Emprendia, o Goberno do Principado quere solucionar de xeito definitivo esta cuestión, de aí que aos recentes apoios achegados para dinamizar a implantación de accesos veña de sumar un novo subministro de subvencións, dotado con seis millóns de euros e co obxectivo de universalizar o acceso a Internet e, sobre todo, garantilo no eido rural a través de axudas ás empresas encargadas de fornecer telecomunicacións.
A idea do Goberno de Asturias é compensar con respaldo económico a principal queixa aducida polas compañías no caso de pechar no rural a billa da súa oferta: que non hai demanda de abondo. O anuncio destas subvencións veu da man de Ana Rosa Migoya, conselleira de Administracións Públicas, quen fixo saber que a nova liña de apoios foi aberta o un de xaneiro e arestora conta coa participación de sete operadores: Movistar, Telecable, Telefónica, Vodafone, France Telecom, Iberbanda e Nostracom. Segundo se fixo saber, estas axudas abranguen o emprego de calquera tecnoloxía axeitada co fin de asegurar os fins fixados, ben sexa cable, ADSL, WiMAX ou 3G.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?