Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft anuncia beneficios récord grazas á demanda de Windows 7
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft anuncia beneficios récord grazas á demanda de Windows 7

Raquel Noya
Publicado: 29/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

windows_7-2.jpgMicrosoft Corporation, a compañía líder mundial en software, que logo do fracaso do sistema operativo Windows Vista, curouse en saúde lanzando o Windows 7 en outubro do pasado ano, vén de anunciar uns ingresos récord de 19.020 millóns de dólares no segundo trimestre fiscal, finalizado o pasado 30 de decembro de 2009, o que indica un crecemento do 14 por cento respecto ao mesmo periodo do ano anterior.
O beneficio operativo da compañía, o beneficio neto e o beneficio diluído por acción neste trimestre foron, respectivamente, de 8.510 millóns de dólares, 6.660 millóns de dólares e 0,74 dólares por acción. Estas cifras supoñen un crecemento substancial se comparamos os datos cos acadados no 2008.
A propia compañía admite que estes resultados económicos “reflicten o recoñecemento duns ingresos diferidos de 1.710 millóns de dólares relativos ao programa Windows 7 Upgrade Option e as pre-vendas de Windows 7 aos fabricantes de equipos e minoristas antes da dispoñibilidade xeral do novo sistema operativo”. Axustando o recoñecemento destes ingresos postergados, engaden, “os ingresos no segundo trimestre suman 17.310 millóns de dólares e os beneficios diluídos son de 0,60 dólares por acción”.
A excepcional demanda de Windows 7, dende que se lanzou no pasado mes de outubro, foi a principal causa deste positivo crecemento da compañía, e segundo afirma o seu director financieiro, Peter Klein, “o seu constante compromiso de xestión de custes fixeron posible que o rendemento en beneficios estivera por enriba do crecemento dos ingresos”.
Cabe destacar que durante o segundo trimestre do pasado 2009, Microsoft vendeu máis de 60 millóns de licenzas de Windows 7, convertíndoo no sistema operativo máis rápido da historia en acadar estas cifras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?