Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O luns conclúe o apagado analóxico das provincias da Coruña e Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O luns conclúe o apagado analóxico das provincias da Coruña e Ourense

Raquel Noya
Publicado: 29/01/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

181001montouto2-2.jpgO vindeiro luns, día 1 de febreiro, logo do parón da fin de semana ao que nos teñen acostumados os responsables da implantación da TDT no noso país, vanse retomar os apagados analóxicos nas áreas técnicas de Ares, de Santiago e de Meda, facendo que se den por concluídas as fases I e II de implantación da TDT na nosa Comunidade, un proceso co que a Xunta leva un par de semanas traballando a reo para que ningún galego nin galega quede sen recibir o novo sinal dixital.
O luns tamén se incorporarán en exclusiva á TDT preto dun millón de persoas máis, e darase o apagado analóxico definitivo nas provincias da Coruña (excepto na zona do Barbanza) e de Ourense.
Deste xeito, o cese analóxico terá lugar nun total de 95 concellos destas dúas provincias, afectando, tamén, total ou parcialmente, a algún municipio da provincia de Lugo e da provincia de Pontevedra.
Os núcleos principais de poboación como a cidade da Coruña, Ferrol, Santiago, Ourense, Narón ou o municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa tamén se incorporarán en exclusiva á TDT o vindeiro día 1, e os centros emisores do Pedroso (en Santiago), o de Meda (en Ourense) e o de Bailadora (en Ares) deixarán de emitir en analóxico definitivamente.
Estes ceses afectarán concretamente aos centros emisores de Ares, Arou, Cabanas, Cariño-Ortigueira, Cerdido, Doniños, Ortigueira, Penamoa, Vimianzo e Xaviña, pertencentes á área técnica de Ares; tamén aos centros de Catoira, Noia, Santiago-Pedroso, Santiago II e Vedra, da área técnica de Santiago; e aos centros de Almorfe, Arnoia, Avión, Chandrexa, Crecente, Leiro, Lobios (I e II), Meda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Pantón, Pontedeva, Sobradelo e Xunqueira de Espadañedo, da área técnica de Meda. Ademais, da área técnica de Domaio (provincia de Pontevedra), apáganse os centros que afectan a Caldas de Reis, Catoira, Crecente, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
Dos 95 concellos nos que se desenvolverá o apagado, 45 pertencen á provincia da Coruña (Ames, Ares, A Baña, Bergondo, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cabanas, Camariñas, A Capela, Cariño, Cerdido, A Coruña, Dumbría, Fene, Ferrol, Frades, Mazaricos, Mesía, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Padrón, O Pino, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Toques, Tordoia, Trazo, Valdoviño, Vedra, Vilasantar e Vimianzo); 4 á provincia de Lugo (Carballedo, Pantón, Sober e O Vicedo); 40 á provincia de Ourense (Arnoia, Avión, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Cartelle, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Entrimo, Esgos, Gomesende, Leiro, Lobeira, Lobios, Melón, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, A Pobra de Trives, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, Rubiá, San Cristovo das Viñas, San Xoán de Río, Taboadela, A Teixeira e Xunqueira de Espadañedo); e 6 á provincia de Pontevedra (Caldas de Reis, Catoira, Crecente, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa).
Estes 95 concellos súmanse aos 108 nos que xa se produciu o apagado analóxico nas semanas anteriores o que suporá que a partir do luns 1.500.000 de persoas xa terán implantada en exclusiva a TDT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?