
Os traballos, informa o departamento responsable deste despregue (a Secretaría Xeral de Medios) desenvolveuse con normalidade e sen que “se rexistrasen grandes incidencias”. E isto, puntualiza a Xunta, malia que a complexidade técnica dos pasos dados hoxe foi moito maior cá das xornadas anteriores.

Dos 95 concellos nos que se desenvolveu o apagado hoxe, 45 pertencen á provincia da Coruña (Ames, Ares, A Baña, Bergondo, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cabanas, Camariñas, A Capela, Cariño, Cerdido, A Coruña, Dumbría, Fene, Ferrol, Frades, Mazaricos, Mesía, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Padrón, O Pino, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Toques, Tordoia, Trazo, Valdoviño, Vedra, Vilasantar e Vimianzo); 4 á provincia de Lugo (Carballedo, Pantón, Sober e O Vicedo); 40 á provincia de Ourense (Arnoia, Avión, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Cartelle, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Entrimo, Esgos, Gomesende, Leiro, Lobeira, Lobios, Melón, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, A Pobra de Trives, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, Rubiá, San Cristovo das Viñas, San Xoán de Río, Taboadela, A Teixeira e Xunqueira de Espadañedo); e 6 á provincia de Pontevedra (Caldas de Reis, Catoira, Crecente, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa).
A TDT chega de xeito exclusivo a máis da metade da cidadanía galega
Compartir Este Artigo
