Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Creada unha nova web para promocionar o Ano Santo 2010
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Creada unha nova web para promocionar o Ano Santo 2010

Raquel Noya
Publicado: 02/02/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

encaminate.com.jpgCo principal obxectivo de promocionar o Camiño de Santiago por todo o mundo baixo unha única imaxe de marca común e inconfundible, unha empresa de deseño galega (Enxeño Galicia), en colaboración coa arquidiocese de Compostela, de 35 municipios galegos e de varias empresas e asociacións turísticas do país, vén de crear unha nova web 2.0 vinculada ao Ano Santo Xacobeo 2010, unha plataforma que baixo o nome Encaminate.com, aglutina toda a oferta do Camiño nunha sola plataforma virtual aberta a todo o mundo.
A web, que incorpora numerosas ferramentas tecnolóxicas para que o público interactúe en liña con todo o que lle interese sobre o Ano Santo, parte dunha iniciativa privada que persegue, segundo palabras do director da empresa, Modesto Gómez, “converterse nunha plataforma social interactiva única que axude a potenciar Santiago e Galicia”.
O obxectivo é dar a coñecer o Ano Santo en todo o mundo, e baixo o lema “Galicia te espera en Santiago”, os deseñadores xogaron coa imaxe dun círculo cunha x, que pretende ser ao mesmo tempo a x de Xacobeo, o dez en números romanos do ano e unha cruz, simboloxía relixiosa por excelencia.

Modesto Gómez, director de Enxeño Galicia, durante a presentación da nova páxina web que busca promocionar o Camiño de Santiago
Modesto Gómez, director de Enxeño Galicia, durante a presentación da nova páxina web que busca promocionar o Camiño de Santiago
Aproveitando esta marca, Enxeño Galicia trasladou a iniciativa ás novas tecnoloxías a través dunha web 2.0 para a súa “socialización” e “democratización“, coa intención de que todos participen na promoción do Ano Santo.
A web, que conta xa co apoio de 35 municipios e de varias empresas e administracións, presenta unha ferramenta cun alto grao de interactividade adaptada aos diferentes segmentos de idade, que permite unha navegación rápida e doada grazas ao seu concepto visual e gráfico.
Entre as seccións que ofrece o sitio destaca a Guía do Camiño de Santiago, onde a modo de mapa de metro, os internautas poden atopar información de utilidade sobre os diferentes equipamentos que hai nos concellos polos que pasa a ruta.
Outro apartado que destaca especialmente é o Xestor de eventos, que permite organizar actividades baixo demanda e de forma prepago para que calquera persoa interesada traia a Santiago e a Galicia os eventos que desexe.
Asemade, podemos citar a sección Encamina2, que lle posibilita aos usuarios intercambiar opinións sobre a ruta así como a Tenda Online, na que se poden adquirir todo tipo de produtos exclusivos de orixe galega que ofrecen as tendas asociadas.
Pero a iniciativa non queda na Rede e a intención de Enxeño Galicia é agora poñer en marcha un xornal de distribución gratuíta en papel que sairá a partir de Semana Santa con novas relacionadas co Camiño; unha canle de televisión a través de YouTube e a inclusión da plataforma en varias redes sociais para potenciar a “suma de esforzos” na promoción do Camiño de Santiago.
A intención dos creadores do proxecto é que este portal se convirta “nunha ponte de todo o relacionado co Camiño”, así como “nun catalizador da oferta fragmentada que ata agora hai noutras webs”.
O portal responde a un traballo de sete meses de intenso labor xa que antes de lanzalo fíxose un test de usabilidade entre 200 persoas de diferentes culturas de fala hispana, que deron a súa opinión sobre a utilidade e a funcionalidade desta ferramenta interactiva.
A web, que destaca pola súa orixinalidade e a creatividade dos deseñadores, preséntase en español, galego e inglés, porén sairá en breve unha nova versión en francés, para facela, se cabe, aínda máis universal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?