Por máis que a moitos nos faga gracia ou nos entre a risa tonta cada vez que escoitamos falar de Pepephone, unha operadora de telefonía que máis ben semella o nome dunha parodia sacada de Se lo que hicisteis, o caso é que esta entidade está a dar moito que falar para ben e a súa estratexia semella cada vez máis atractiva para os consumidores A compañía, logo de potenciar os contratos con dúas modalidades de tarifas (con ou sen establecemento de chamada), vai reducir os seus prezos por minuto para todos aqueles clientes que contraten unha tarifa de Internet para o móbil. A promoción, que seguirá vixente ao longo de todo o mes de febreiro, é coñecida como Navega y habla, e está dirixida para tódolos usuarios de contrato (actuais e novos) que teñan unha tarifa con establecemento de chamada e que ademais contraten a tarifa de Internet no móbil de 7 euros/300MB. Asemade, as persoas usuarias que se decidan por esta oferta, poderán disfrutar automaticamente para toda a vida da nova tarifa de 5 céntimos por minuto (máis 15 de establecemento de chamada) a calquera destino nacional, a calquera hora e sen ningún tipo de límite. A web tecnolóxica XatacaMóvil, dende onde aseguran estar moi satisfeitos cos servizos de Pepephone, á que din, “só lle falta lanzar unha tarifa con chamadas de balde entre clientes”, achega un detallado infome das modalidades das que dispón esta operadora (unhas cinco), así como as vantaxes que ofrece pertencer a esta compañía de baixo custe para chamadas nacionais.
Pepephone baixa as súas tarifas para usuarios con Internet móbil
Compartir Este Artigo

