Nos últimos días as novas sobre o iPad ocuparon as páxinas de todos os medios falando das súas prestacións máis habituais e deixando claro que non compite en prestacións cun ordenador portátil, pero a empresa Citrix atopou unha utilidade adicional ao novo trebello de Apple, e desenvolveu unha aplicación de virtualización que permite utilizar Windows 7 dende o iPad.
Para poder facer uso do iPad coma un ordenador persoal será preciso que a nosa empresa conte cunha plataforma de virtualización coma XenDesktop ou XenApp, e así poderá aproveitarse o novo tablet para funcións para as que non estaba inicialmente destinado, xa que a súa resolución de pantalla de 1.024 x 768 píxeles é ideal para amosar un escritorio baseado en Windows.
Citrix xa desenvolvera aplicacións de virtualización para o iPhone e o iPod Touch, polo que adaptalas ao iPad foi doado, e agora algúns poden atopar unha desculpa para adquirir o novo dispositivo de Apple en contornos corporativos.
A virtualización permitirá levar Windows 7 ao iPad
Compartir Este Artigo
