Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bota a andar a páxina web sobre o Plan de Ordenación do Litoral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bota a andar a páxina web sobre o Plan de Ordenación do Litoral

Redacción
Publicado: 03/02/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A Xunta de Galicia activa hoxe unha páxina web sobre o Plan de Ordenación do Litoral, publicación web que é unha das medidas potenciadas polo Goberno galego para cumprir co compromiso de máxima transparencia no deseño e definición deste proxecto de ordenación territorial. O Plan de Ordenación do Litoral ten por obxecto establecer os criterios, principios e normas xerais para a ordenación urbanística da zona litoral baseada en criterios de perdurabilidade e sustentabilidade, así como a normativa necesaria para garantir a conservación, protección e posta en valor das zonas costeiras.
Ademais, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a habilitar unha oficina de información nas dependencias da Consellería en San Lázaro, na que a partires da vindeira semana estará dispoñible a totalidade da cartografía impresa do POL, a disposición dos concellos e dos cidadáns, así como un sistema avanzado de consultas de análise territorial e dous técnicos para solucionar dúbidas e recoller suxestións.
Por outra banda, dende a páxina web pódense descargar e consultar todos os contidos do Plan do Litoral para que os concellos e os cidadáns teñan acceso directo a información relativa ao plan do litoral, que actualmente está en fase de audiencia por parte dos concellos e das entidades e organismos relacionados coa ordenación do territorio. Este período de audiencia é un tempo no que se busca a participación das entidades locais para que formulen as dúbidas e propostas que consideren oportunas sobre os obxectivos que suscita o plan.
Os contidos que se poden consultar nesta páxina están relacionados coa metodoloxía empregada, a síntese territorial, a normativa do plan, pero sobre destaca toda a documentación gráfica, particularmente a cartografía territorial con todo o ámbito de xestión do plan e todas e cada unha das máis de 400 unidades de paisaxe nas que se dividiu a costa de Galicia.

Plan de Ordenación do Litoral

litoral_paisaxe.jpgDende o Goberno galego defínese o Plan de Ordenación do Litoral (POL) como o documento necesario e inaprazable para a constitución dun marco normativo estable que protexa de forma efectiva o litoral de Galicia. Sen dúbida, tamén é un instrumento de xestión que xorde dende o convencemento de que protexer no é só prohibir, senón que consiste en xestionar un territorio ordenando os seus usos e atendendo á súa configuración natural e antrópica así como a os seus procesos e dinámicas, no marco dun novo modelo territorial. Un terceira definición deste instrumento de ordenación pivota no feito de que é un proxecto que recoñece as singularidade e elementos identitarios da costa e a sociedade de Galicia.

Filosofía de goberno

A Xunta de Galicia asume como filosofía de goberno o principio de que o desenvolvemento da Comunidade autónoma debe fundamentarse nun crecemento harmónico cos valores do noso territorio. Nese sentido, o litoral de Galicia presenta un diverso número de paisaxes e oportunidades, que entre todos debemos poñer en valor.
Neste contexto, o Plan de Ordenación do Litoral xorde como un instrumento capaz de favorecer unha xestión integral do territorio, un instrumento eficaz para dirixir os usos do chan co obxectivo de avanzar cara a unha sociedade máis xusta e competitiva pero ao mesmo temo máis comprometida coa sustentabilidade e a paisaxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?