Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC de Galicia celebra este 11 de febreiro unha nova asemblea xeral extraordinaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC de Galicia celebra este 11 de febreiro unha nova asemblea xeral extraordinaria

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/02/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Representantes do Clúster nunha reunión recente coa secretaria xeral de Modernización, segunda pola esquerda
Representantes do Clúster nunha reunión recente coa secretaria xeral de Modernización, segunda pola esquerda
Se a posta en marcha dunha asociación empresarial ten un aquel de movemento lóxico e natural dos seus compoñentes, pensar nun ente que integre as diversas asociacións dun sector ben pode levarnos a pensar que finalmente a razón foi quen de impoñerse. A cousa aínda se enlea máis, e para mellor, se as diferentes compañías que deciden facer fronte común baixo os mesmos obxectivos teñen entre mans unha boa parte do medre tecnolóxico-dixital dun país, neste caso que nos ocupa o noso. Todo isto vén a conto para falar do Clúster TIC de Galicia, unha agrupación de agrupacións que se basea en aplicar ao innovador unha das filosofías máis antigas e sinxelas que existe: a unión fai a forza. Por certo que o Clúster ten prevista para este vindeiro 11 de febreiro unha nova asemblea xeral extraordinaria, xuntanza na que está prevista tomar unha bo número de decisións de especial importancia para o seu futuro, amais de darlle un pulo definitivo á súa liña de traballo, obxectivos e directiva (elixirase presidenta/e e membros do comité estratéxico).
O prazo para participar nela estará aberto ata o 4 de febreiro, non sendo posible a partir de aí admitir novas altas, actualización de documentación, designacións ou delegacións de voto. Na web da entidade está dispoñible xa a relación de adheridos á agrupación, ratificados xa na asemblea do 14 de xaneiro.
Máis unión
O Clúster TIC, que aparece integrado por 76 entidades (entre asociacións profesionais, empresas ou colexios profesionais), estaría destinado (entre outras cousas) a ser unha imaxe de marca, un punto de referencia que centralice o que ata agora ficou disgregado en esforzos máis locais. Así se especifica nas súas bases, sendo un dos seus obxectivos o de é coordinar esforzos para o medre da competitividade e a internacionalización, en España e no estranxeiro.
A día de hoxe, o Clúster non é novo. A súa andaina xa deu comezo hai un tempo, ben como proxecto ben como realidade, e mesmo chegou a dar acubillo á súa primeira asemblea xeral ordinaria. A súa presidenta provisional, Beatriz Legerén (responsable tamén de EGANET, asociacións impulsora), ve nesta proposta a gran oportunidade que procuraba Galicia e máis polo miúdo o seu sector dixital para dar o chimpo definitivo ao mundo. O potencial non é pequeno: o sector TIC é un dos máis salientables da nosa terra e conta cun bo número de empresas de renome e cunhas asociacións e colexios de gran experiencia.
Dalgún xeito, o Clúster TIC pon orde nun panorama ata o de agora moi fragmentado de iniciativas a prol da promoción e produción das novas tecnoloxías, con todo o que iso (a centralización e coordinación de esforzos) ten de positivo para o resto dos nosos sectores, todos demandantes de produtos TIC en maior ou menor medida. De aí que ao eido empresarial que nos ocupa se lle chame “sector transversal”: adiántase cara ao que ten xusto ante os ollos e beneficia igualmente a quen ten á súa beira.
Porén, cómpre desbotar a idea de que se trata dun tecido produtivo homoxéneo. De feito, é probable que nesta variedade de propostas empresarias que aglutina resida en parte a disgregación asociativa da que se xorde. O abano é amplo: hai firmas que se ocupan de desenvolver software e outras de deseñar hardware de todo tipo, sobre todo electrónica para o lecer; pero tamén hai operadores de telefonía, empresas que collen polo vieiro no que se cruzan redes e consultoría e outras que se insiren plenamente no ámbito das telecomunicacións.
A maiores das compañías que acoden a título persoal, intégranse no Clúster as seguintes asociacións:
· EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías)
· INEO (Asociación Multisectorial de Empresas TIC)
· AETIC-Galicia (Asociación de Empresas TIC de España, Consello de Galicia)
· COETG (Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia)
· AETG (Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia)
· CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia)
· CPETIG (Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia)
· AGESTIC (Asociación Galega de Empresas TIC)

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?