Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Caixanova promoverá as novas tecnoloxías dende o seu Centro Social da zona vella de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Caixanova promoverá as novas tecnoloxías dende o seu Centro Social da zona vella de Santiago

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

centro_social_caixanova_santiago.jpgCaixanova está a levar a cabo no centro histórico de Santiago un importante labor de rehabilitación de edificios antigos, un deles tan salientable como a sede do Banco Gallego na praza de Cervantes, que precisamente se inaugura este xoves 4 de febreiro na súa nova e remodelada feitura. Por certo que o inmoble, que será o Centro Social de Caixanova na cidade, abrangue na súa nova andaina todo tipo de estratexias para a promoción do coñecemento, incluído o fomento en Compostela das novas tecnoloxías da información ou da arte nas súas diferentes manifestacións.
A idea da entidade bancaria galega é dinamizar o corazón da cidade antiga, sendo o acceso e a potenciación das novas canles dixitais un dos principais reclamos do edificio, amais de cuestións como a asistencia social, a formación, o medio ambiente ou o fomento do emprego.
Cómpre lembrar que a reconstrución deste novo centro social, un inmoble construído a finais do XIX e ligado dende o seu inicio ao Banco Gallego, veu da man do arquitecto compostelán José Luis Pereiro (bisneto do creador da construción), quen tivo que traballar sobre unha base de dimensións considerables: ata 5.000 metros cadrados de superficie. A nova infraestrutura, informa Caixanova, dispón de tres salas de exposicións, unha sala de conferencias, aulas e obradoiros para o desenvolvemento de accións formativas, salas de reunións e un emprazamento para a Escola de Negocios e o Instituto de Desenvolvemento Caixanova, amais dun centro de información para inmigrantes.
Polo que atinxe ás aulas, que serán en boa medida o epicentro da vida dixital do edificio, dan acubillo a equipamento para a realización de obradoiros audiovisuais (incluída a edición de vídeo en alta definición), de composición musical ou de fotografía dixital. Entre as accións programadas atopamos as seguintes: creación de curtas, posta en marcha de canles de TV en Internet, lanzamento de emisoras de radio pola Rede, fotografía de retrato, ferramentas para crear música ou podcasts, etc. Estes espazos de formación, orientados a todo tipo de usuarios (xente nova ou maior, profesionais, estudantes ou seareiros), tamén albergarán iniciativas sobre desenvolvemento de páxinas webs, blogs, intercambio de fotografías pola Rede ou uso das redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?