Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: INTECO recibe o premio Función Social da Tecnoloxía polo seu decodificador de TDT accesible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

INTECO recibe o premio Función Social da Tecnoloxía polo seu decodificador de TDT accesible

Raquel Noya
Publicado: 04/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

inteco.jpgO Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO) vén de recibir o premio DINTEL Alta Dirección 2010 na categoría Función Social da Tecnoloxía, en recoñecemento ao seu labor no desenvolvemento do software que posibilita a accesibilidade dos decodificadores de TDT.
Con este sistema, desenvolvido nas instalacións do Instituto en León, España convértese no primeiro país en dispoñer deste tipo de dispositivos, que permiten o acceso das persoas maiores e con algún tipo de discapacidade ao sinal dixital.
Víctor Izquierdo, director xeral de INTECO, recolleu o premio de mans da vicepresidenta da ONCE, Yolanda Martín, destacando a implicación desta organización nun proxecto que facilita o acceso e difusión de servizos que buscan mellorar a calidade de vida, a información e a participación de todos os cidadáns, sen excepcións, nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
idtvos_epg_1_.jpgO mérito de INTECO radica en que desenvolveu un sistema operativo para receptores de TDT, denominado IDTVOS (INTECO Digital TV Operating System), que é compatible con varios receptores do mercado e que facilita o acceso de tódalas persoas á televisión de calidade.
Trátase dunha alternativa eficaz que lle ofrece ás persoas con discapacidade a posibilidade de facer uso da TDT sen barreiras posto que inclúe una ampla variedade de funcionalidades de accesibilidade, como a posibilidade de escoller os tamaños de fonte, a axuda á navegación por voz, tonalidades de alto contraste e velocidade de voz personalizada.
Esta medida favorecerá directamente a unhas 100.000 persoas con discapacidade visual así como ás súas familias, e facilitará o emprego de receptores de TDT ás máis de 7 millóns de persoas que forman o colectivo de maiores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?