Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O atlas histolóxico virtual da Universidade de Vigo recibiu dous premios internacionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O atlas histolóxico virtual da Universidade de Vigo recibiu dous premios internacionais

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_equipo_atlas_histoloxico.jpgO grupo de investigación Neurolam da Universidade de Vigo vén de ser obxecto dun salientable recoñecemento internacional polo seu labor ao servizo da divulgación da ciencia a través das novas canles dixitais. Máis polo miúdo, trátase dun impulso á súa iniciativa para a creación dun atlas histolóxico virtual, posto en marcha hai dous anos por este equipo pertencente á Área de Bioloxía Celular da Facultade de Bioloxía. Segundo informa a Universidade de Vigo, o ano 2009 reverteu de apoios diversos ao dito proxecto, colleitados en emprazamentos como o primeiro Encontro Virtual de Educación e Investigación en Ciencias Morfolóxicas (celebrado en Córdoba), onde a iniciativa galega acadou o primeiro premio á mellor comunicación no eido de docencia. Asemade, a achega do atlas foi salientada polo Congreso Internacional da Sociedade Española de Histoloxía celebrado en Albacete, onde se lle concedeu o premio Editorial Panamericana á mellor comunicación docente.
Para os responsables desta achega científico-tecnolóxica, os froitos acadados non se limitan á listaxe de galardóns, senón que tamén se materializan na boa saúde da web do atlas en Internet, que conta con máis de medio millón de usuarios e que recibe visitas dun centenar de países.
Con todo, os responsables do atlas (Manuel Megías, Pilar Molist e Manuel Angel Pombal) non teñen a máis mínima intención de diminuír o ritmo de desenvolvemento, e xa están a afondar en novos temas para ir engadindo á súa web (organografía vexetal, histopatoloxía) e a preparar o camiño para traducir o servizo ao inglés e á nosa lingua: “Un dos nosos obxectivos é o de traducir o atlas ao inglés e ao galego para así poder achegar os seus contidos a outras rexións de fala inglesa e por suposto, a Galicia”, sinalan. O proxecto, sinxelo de navegar, inclúe todo tipo de estudos biolóxicos, unha sección sobre técnicas histolóxicas e visitas guiadas polos tecidos animais e vexetais e os órganos vexetais, entre outros apartados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?