Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGESTIC pide medidas urxentes das administracións para frear a chegada da crise ao sector dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGESTIC pide medidas urxentes das administracións para frear a chegada da crise ao sector dixital

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/02/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

José María López Bourio, presidente de AGESTIC
José María López Bourio, presidente de AGESTIC
Malia ser un dos sectores que máis viña resistindo os golpes da crise produtiva mundial, e mesmo medrando a forza de resistir, pódese dicir que nin sequera o eido dixital pode ficar á marxe dun proceso que a fin de contas é unha adaptación aos labores humanos dos sistemas de equilibrio natural: o que lle afecta a unhas especies, aféctalle á larga a todo o ecosistema. Así o reflicte o Informe ASIMELEC 2009 e así nolo fai saber a Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC), unha das plataformas que máis veñen loitando a nivel estatal por promover a coordinación empresarial de esforzos de cara a superar o que xa estamos a vivir: o estreitamento de posibilidades de medre (disto, de afianzar alianzas na nosa terra, é do que trata o Clúster TIC que chega o 11 de febreiro á súa nova asemblea xeral e que conta co firme apoio de AGESTIC). Segundo fai saber a asociación galega, é certo que a crise tardou chegar, pero non hai dúbida xa de que chegou, e non por esta tardanza está a ser menos virulenta, di o presidente da plataforma empresarial, José María López Bourio, quen lle solicita á Xunta medidas para a reactivación do sector galego, ao que cualifica de “motor do cambio do modelo económico”.
Os sinais, apunta, son máis que inequívocos: as previsións económicas que esta asociación tiña para 2009 foron cara a baixo, “xa que o mercado non respondeu de maneira axeitada e en Galicia comeza tamén a percibirse a crise no sector das TIC”. Segundo datos achegados pola industria, o sector a nivel estatal pecha 2009 cunha caída global do 8%, que nalgúns subsectores como o do subministro de equipos acada o 20%, o que se debe principalmente a tres grandes motivos, a xuízo de ASIMELEC:
· Os recortes orzamentarios das administracións públicas.
· A baixada no investimento das empresas nestas tecnoloxías.
· A caída no consumo privado.
Estes e outros factores, sinala AGESTIC, non deixan moita marxe para o optimismo de cara ao presente e o futuro próximo, tendo en conta onde remataron as previsións empresariais de hai un ano, cando non se albergaban apenas dúbidas da capacidade de resistencia e medre do sector TIC, e todo isto no máis cru dunha crise económica xeral. “Agora a crise vense de transformar nunha fonda preocupación paras empresas TIC galegas”, sinala Bourio, ao que engade, facendo referencia ao que está por vir: “O ano que comeza ten tamén un cariz crítico, calculándose dentro das previsións máis optimistas unha perda de negocio do 2,5% para o tecido produtivo tecnolóxico-dixital este ano en España, taxa tamén aplicable para Galicia”.
Por estes motivos, para AGESTIC é hora de que a Xunta actúe, fomentando o desenvolvemento da Sociedade da Información e tódolos seus elementos integrantes, os piares da mellora futura da produtividade, a innovación, a calidade de vida e mesmo o alicerce do desenvolvemento dun modelo económico sostible. “Sen un sector TIC forte é complicado que avancemos cara ao cambio de modelo económico que precisamos”, apunta José Manuel Bourio, que tamén reclama o esforzo das restantes administracións, a Central e máis as locais, para acometer todo tipo de accións urxentes para que a nosa economía poida verse beneficiada polas vantaxes das TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?