Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone lanza en España o seu servizo de Solucións Unificadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone lanza en España o seu servizo de Solucións Unificadas

Raquel Noya
Publicado: 05/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Vodafone_servizo.jpgVodafone España e Microsoft, dúas grandes compañías dedicadas a facilitar a comunicación e a interactividade entre as persoas aínda que estas se atopen a milleiros de quilómetros de distancia (cada unha no seu campo) veñen de anunciar o lanzamento de Vodafone Solucións Unificadas, un servizo completo que integra Microsoft Online Services (servizos de produtividade e colaboración hospedados en data centers de Microsoft) con Oficina Vodafone (voz e banda ancha fixa e móbil) para facilitar a xestión dos sistemas de información e telecomunicacións das empresas españolas.
O lanzamento, que tivo lugar hoxe mesmo, forma parte do acordo global anunciado entre o Grupo Vodafone e Microsoft Corporación, e convirte a España nun dos primeiros países onde se están a integrar os servizos de voz e datos de Vodafone para empresas con Microsoft Online Services.
Este paquete permítelle aos empresasarios do país, dende os autónomos ata os directivos dunha empresa con centos de empregados, gozar dos servizos de telecomunicacións, mensaxería e colaboración máis avanzados, así como eliminar os custes de mantemento e xestión, ofrecéndolle ao cliente a vantaxe de ter un único provedor e unha única factura
Con Oficina Vodafone, “a intelixencia da rede móbil substitúe todas as funcionalidades das centrais tradicionais” e, segundo veñen de informar os seus responsables, “as empresas contan cunha solución de voz totalmente móbil, co que gañan en eficacia e eficiencia”.
Por outra parte, Microsoft Online Services, parte da suite Negocio Productivity Online Suite (BPOS) de Microsoft, é, segundo aseguran, “o paquete de solucións máis completo de produtividade e colaboración do mercado, que ofrece alta dispoñibilidade, seguridade integral e administración de TI simplificada”. Trátase, segundo afirman, “dunha peza clave dentro da estratexia de Cloud Computing de Microsoft, pola que a compañía ofrece ao cliente a flexibilidade e a capacidade de elixir a solución máis idónea para as súas necesidades de negocio”.
En definitiva, segundo palabras de María Garaña, presidenta de Microsoft España, “este acordo permitiralle ás empresas españolas, con independencia do seu tamaño, acceder ás solucións de telecomunicacións e mensaxería máis avanzadas. Partners, como Vodafone, están a desempeñar un papel fundamental neste novo modelo de negocio, axudando aos clientes a optimizar os seus investimentos en tecnoloxía Microsoft”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?