Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mocidade debatirá sobre o uso das redes sociais na primeira edición do Parlamento Xove
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mocidade debatirá sobre o uso das redes sociais na primeira edición do Parlamento Xove

Raquel Noya
Publicado: 08/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

parlamento_xove_debate.jpgA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta está a organizar entre os estudantes de ESO e Bacharelato do noso país a primeira edición do Parlamento Xove, unha iniciativa que pretende “potenciar o diálogo como ferramenta de ideas propias entre a mocidade galega”, e que, a través do debate, vai por sobre o taboleiro a dualidade do uso das redes sociais por parte dos menores.
Trátase dunha competición entre centros de ensino da Comunidade na que os participantes deberán integrarse en diversos equipos para investigar, escribir e debater sobre o tema proposto pola organización, que nesta ocasión será se o uso das redes sociais separa ou une á mocidade.
Así, a iniciativa dividirase en dúas fases. Unha inicial de investigación e argumentación de ideas e outra final no que terá lugar o debate dialéctico en galego. Así, o obxectivo principal da actividade é que os estudantes poidan amosar as súas habilidades a nivel persoal e de grupo na selección de información, na expresión escrita e oral, na creatividade e no traballo en equipo.
O calendario de actividades será o seguinte: ata o 15 de febreiro os interesados poderán inscribirse na actuación; do 15 a 28 de febreiro terá lugar a entrega dos artigos; do 1 ao 15 de marzo deberá estar feito o dossier; o 26 de marzo Xuventude anunciará os equipos que pasarán á fase do debate que se celebrará o 24 de abril.
Para anotarse ao Parlamento Xove, os centros de ensino deberán primeiro comunicar a súa intención de participar nos teléfonos 981 545 822 ou 981 541 689. Cada un dos equipos estará formado por 6 alumnos e un profesor. Cada centro poderá anotar a dous equipos, aínda que o segundo que inscriba estará nunha lista de espera.
parlamento_xove_horizontal.jpgUnha vez adxudicado ao centro a súa praza ou prazas na competición, deberase enviar por correo certificado o formulario de inscrición antes do 15 de febreiro á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Deberá incluír a composición do equipo e o selo do centro de ensino. O formulario pode descargarse na páxina oficial da competición, xunto co cal se debera remitir a fotocopia da matrícula ou o certificado de matriculación dos alumnos e alumnas co selo do colexio ou instituto e a fotocopia do DNI de cada membro do equipo.
O equipo gañador da primeira edición do Parlamento Xove acadará unha viaxe sorpresa e un notebook para os membros do equipo. O equipo que se enfronte no debate ao que gañe tamén será premiado cun notebook. Os que elaboren o mellor dossier de investigación recibirán unha videoconsola para cada un dos membros do equipo e o autor individual do mellor artigo terá un notebook e os seus cinco compañeiros un disco duro portátil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?