Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Escolasinfantis.net recibe preto de 75.000 visitas no último catrimestre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Escolasinfantis.net recibe preto de 75.000 visitas no último catrimestre

Raquel Noya
Publicado: 08/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

escolasinfantis.net.jpgA páxina web de escolas infantís, á que a Xunta lle está a dar pulo por ofrecer gran variedade e cantidade de información actual sobre a rede de escolas infantís da Administración, leva recibidas nos últimos catro meses, entre setembro de 2009 e finais de xaneiro de 2010, preto de 75.000 visitas de usuarios diferentes, unha media de 700 visitas ao día.
A web, ademais de información de utilidade para o sector da educación e os pais de alumnos do noso país, ofrece as últimas novas e información xeral sobre listas de admitidos e períodos de matriculacións das escolas infantís galegas, así como respostas ás dúbidas máis frecuentes dos usuarios.
Asemade, móstralle aos internautas os pasos que deben dar para crear o seu propio blog e tal é o éxito deste servizo que xa están colgados na web un total de 99 blogs de centros e 165 persoais.
Os contidos creados polos usuarios son diversas publicacións, que suman 4.500, e existen case 2.700 comentarios a estas publicacións. Esta cifra pon de manifesto a rede que se crea cos blogs, xa que segundo diversos analistas por cada comentario, unha publicación rexistra entre 30 e 50 lectores distintos. De feito, o departamento autonómico destacou que as publicacións nos blogs “son moi seguidos polos pais e nais e polos educadores dos centros”
No que se refire aos aspectos máis tecnolóxicos, a web conta con 100 GB de tráfico mensual, cen veces máis que no ano 2007 e mostra 20.000 fotografías e uns 370 vídeos, ademais de 80 cancións e 380 presentacións.
Con este proxecto, a Consellaría de Traballo e Benestar, que seguirá a incluír novidades no portal, pretende “integrar nas escolas infantís as novas tecnoloxías da información e comunicación”.
Entre as citadas novidades que dito departamento vai incluir destacan a promoción do uso do comedor virtual por parte dos pais e nais co envío de receitas o visitas aos menús escolares; o fomento da creación de novos recursos para os nenos e nenas a través de ferramentas pedagóxicas que, ademais dos propios educadores poidan utilizar os pais e nais; e a posta en marcha do ‘portfolio’, unha carpeta que incluirá os traballos dos cativos para que os seus pais podan velos na web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?