Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os teléfonos de información sobre a TDT recibiron máis de 7000 chamadas dende a súa posta en marcha
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os teléfonos de información sobre a TDT recibiron máis de 7000 chamadas dende a súa posta en marcha

Raquel Noya
Publicado: 08/02/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

TDT-2.jpgDende que se iniciaron os apagados dixitais no noso país (co consecuente acendido dixital nos diferentes núcleos) alá polo pasado 18 de xaneiro ata o día 4 deste mes, os teléfonos de información sobre a TDT postos a disposición da cidadanía pola Xunta de Galicia recibiron máis de 7000 consultas, unha cifra que rondou unha media de entre 250 e 300 chamadas diarias, superando nalgunhas xornadas as 500 consultas.
O teléfono da Oficina Técnica da TDT (981 57 21 54) presta atención aos cidadáns, instaladores e concellos sobre todos os aspectos relacionados co proceso de transición á Televisión Dixital Terrestre, igual que o 012, un servizo de atención da Xunta reforzado para servir como punto de información centralizado sobre a TDT, que atende as dúbidas dos usuarios sobre a cobertura da TDT e o satélite en caso de que o precisen. Este teléfono está dispoñible todos os días da semana, incluidos os sábados e os domingos.
O 012 recibiu nas primeiras xornadas de apagado das fases I e II arredor de 1000 chamadas diarias que se foron reducindo de xeito paulatino ata as 150/200 dos últimos de xaneiro, producíndose un repunte o 1 e o 2 de febreiro, días nos que se atenderon 625 e 384 chamadas, respectivamente. Un incremento previsto xa que o primeiro de febreiro o apagado analóxico chegou a preto dun millón de persoas.
Os temas fundamentais das consultas dos cidadáns ao servizo 012 durante o mes de xaneiro centráronse en incidencias de sintonización (no 23 por cento dos casos), normalmente asociadas a non ter adaptada a instalación das antenas colectivas, fallos na orientación cara o mellor centro de difusión ou a necesidade de resintonizar o receptor para recibir todas as canles. Outro 21 por cento das chamadas foron para solicitar información sobre a cobertura da TDT e cal era a orientación cara o centro emisor correcto. Un 18 por cento das cuestións solicitadas referiuse á información sobre as datas de apagado e un 11 por cento a incidencias de cobertura debido a problemas de coberturas parciais (ven unhas cadeas e outras non), avarías nos centros reemisores e dúbidas sobre o satélite. Por último, un 6 por cento das chamadas realizaron consultas sobre as axudas para a dixitalización.
Na Oficina da TDT resolvéronse neste tempo dúbidas semellantes e porcentaxes parecidas. Así un 27 por cento dos cidadáns que chamaron a 981 57 21 54 plantexaron incidencias de cobertura e sintonización, un 15 por cento solicitaron información sobre as zonas de cobertura, un 14 por cento polas zonas de satélite, un 12 por cento tiñan problemas coa instalación de antena, un 7 por cento preguntaron polos trámites para recorrer á instalación do satélite, un 4 por cento pediu información sobre as datas de apagado, a mesma porcentaxe preguntou sobre axudas e un 2 por cento sobre cuestións relacionadas coa instalación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?