Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Turismo lanza un newsletter con novas de interese para o sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Turismo lanza un newsletter con novas de interese para o sector

Raquel Noya
Publicado: 08/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Turismo_galicia-2.jpgOs boletíns informativos son publicacións electrónicas que, de facerse ben e de distribuirse de forma regular, soen ser de grande utilidade para os suscriptores, ao proporcionar de xeito eficaz información moi concreta sobre un tema de especial relevancia e interese para eles.
As persoas responsables da área de comunicación da Consellaría de Cultura e Turismo, sabedoras das vantaxes deste sistema á hora de chegar ao seu público obxectivo, veñen de por en marcha un newsletter propio no que dar conta das novidades que se van dando en torno ao sector turístico do noso país.
Trátase dunha publicación electrónica que, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, achegaralle a todas as asociacións e entidades do sector, todo tipo de información práctica sobre os proxectos, campañas, ordes de axudas e demais actividades de interese realizados por e dende esta entidade pública.
Entre as novas que destacan neste primeiro boletín informativo figura a información relativa á modificación Lei de Turismo, así como da posta en marcha de cursos de idiomas de inglés, francés e alemán a nivel básico para profesionais do turismo e da hostelería, que se desenvolverán a partir deste mes de febreiro nas Escolas de Idiomas de Galicia e centros asociados. Os cursos están financiados pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, mediante un convenio coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Trátase de que os profesionais do sector poidan aplicar eses coñecementos lingüísticos ao seu campo profesional e gañar deste xeito unha maior competitividade.
No boletín electrónico, tamén se da conta do que supuxo a presenza de Galicia na Feira Internacional do Turismo de Madrid, Fitur, a onde se achegaron máis de 60.000 persoas e cuxo portal web recibiu a visita de preto de 100.000 internautas.
A posibilidade de contar cunha ferramenta de comunicación útil e práctica como é un boletín informativo electrónico, permanentemente actualizable, permitirá que sector privado e Administración estean en permanente contacto, e aproveiten ao máximo a información de ámbito turístico que manexan habitualmente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?